Gondomar / Tarde FreeStyle

✨ Goza da túa experiencia FREESTYLE en Gondomar!

📅 O venres 12 de setembro, de 18:00h a 21:00h, o Campo de Fútbol das Cercas converterase nun espazo cheo de deporte, música e diversión para a mocidade.

⚽ Teremos un Show Freestyle, onde especialistas desta disciplina sorprenderannos cunha exhibición na que mesturan fútbol da rúa e acrobacias espectaculares, controlando o balón en diferentes posicións e con distintas partes do corpo… sempre ao ritmo da música 🎶.

🙌 Despois do espectáculo, será a vosa quenda! Poderedes aprender e practicar algúns destes trucos a través de obradoiros participativos.
📌 Para participar nos obradoiros é necesario inscribirse a partir do 1 de setembro, chamando ao ☎️ 986 369 746 en horario de 08:00h a 14:00h.

🎧 A música non faltará, con DJ en directo animando a xornada.
🎮 E para completar a experiencia, poderedes gozar de xogos gratuítos como a canastra eléctrica, a pista subsoccer ou o air hockey.

👉 Actividade dirixida á mocidade a partir de 13 anos, totalmente de balde.
ℹ️ Máis información en: concellodegondomar.gal

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *