Túnel do terror, obradoiros e un pasarrúas con criaturas das sombras para un Samaín de medo en Redondela

O Concello de Redondela prepara para o 31 de outubro un amplo programa de actividades de balde para todos os públicos con obradoiros de cabazas, maquillaxes terroríficas, un túnel do terror e o pasarrúas “Subumbra” de Troula Animación.

  • Obradoiros infantís: De 17:00 a 20:00 horas nos Multiúsos da Xunqueira (Redondela) e do Piñeiral do Crego (Chapela). Haberá talleres de creación de cabazas e de maquillaxe/tatuaxes de terror.
  • Túnel do Terror: De 18:30 a 21:30 horas no paseo do río Pexegueiro. Está recomendado para maiores de 12 anos (os menores deben ir acompañados) e aconséllase levar lanterna.
  • Pasarrúas «Subumbra»: A cargo da compañía Troula Animación, con música, pirotecnia e personaxes visuais. Sairá ás 19:30 horas desde a Praza de Ribadavia polo centro da vila.
  • Contos da veciñanza: O xoves 29 de outubro ás 18:30 horas na Biblioteca Xela Arias de Chapela, con Noela e o Trío Laredo.
  • Dinamización comercial: Coa iniciativa «Vive o Samaín», os comercios locais repartirán caramelos (cortesía do Concello) aos nenos e nenas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *