QUEN SOMOS?

O Portal Asociacións MAIV é un espazo de colaboración destinado ás entidades e asociacións que forman parte activa do tecido social da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo e a súa contorna. Este proxecto xurde do traballo realizado polas persoas participantes do Obradoiro Dual 2022 das especialidades de Dinamización Comunitaria e Xestión de Marketing e Comunicación.

Os obradoiros buscan proporcionar ás persoas participantes, diversas estratexias para o ámbito laboral. A través da formación desenvolven proxectos que logo materializan na realización de obras ou de servizos de utilidade pública ou interese social.

Un dos proxectos desenvolvidos pola especialidade de Dinamización Comunitaria, foi a creación e posta en marcha dunha ferramenta destinada á promoción e fortalecemento do tecido asociativo. Así naceu esta web colaborativa: pretende ser un punto de encontro para acompañar ás persoas na creación dunha asociación; e tamén, un espazo facilitador no que promover a xeración de novos proxectos, e o fomento da interacción entre as entidades participantes.

Este camiño resultou sumamente enriquecedor. As dinamizadoras comunitarias tivemos a oportunidade de coñecer, contactar e documentar a rede de asociacións que conforma o territorio da MAIV. Con este material e os nosos recursos profesionais, planificamos e elaboramos esta proposta: un Portal co propósito de xerar sinerxias entre persoas e entidades comprometidas co fortalecemento da nosa rede.

Para iso,  nesta web colaborativa compartimos servizos e recursos tales como:

O Portal Asociacións MAIV é un espazo de colaboración destinado ás entidades e asociacións que forman parte activa do tecido social da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo e a súa contorna. Este proxecto xorde do traballo realizado polas persoas participantes do Obradoiro Dual 2022, das especialidades de Dinamización Comunitaria e Xestión de Marketing e Comunicación.

Os obradoiros buscan proporcionar as persoas participantes, diversas estratexias para o ámbito laboral. A través da formación desenvolven proxectos que logo materializan na realización de obras ou de servizos de utilidade pública ou interese social.

Un dos proxectos desenvolvido pola especialidade de Dinamización Comunitaria, foi a creación e posta en marcha dunha ferramenta destinada a entidades e asociacións; un espazo no que puidesen interactuar entre elas e atopar  diversos recursos, que acompañen ás persoas desde a creación dunha asociación ata aqueles que facilitasen ás profesionais do sector o seu funcionamento diario.

Este camiño resultou sumamente enriquecedor, as dinamizadoras comunitarias tivemos a oportunidade de coñecer, contactar e documentar a rede de asociacións que conforma o territorio da MAIV. Con este material e os nosos recursos profesionais, planificamos e elaboramos esta proposta: un Portal co propósito de xerar sinerxias entre persoas e entidades comprometidas co fortalecemento da nosa rede.

Para iso,  nesta web colaborativa compartimos servizos e recursos tales como:

QUE É A MANCOMUNIDADE DE VIGO?

A Mancomunidade da Área Intermunicipal configúrase como unha entidade local de carácter  supramunicipal destinada a execución en común de obras e servizos determinados da súa competencia, conforme establece o art. 44.1 da Lei 7/1985 de abril reguladora das Bases do Réxime Local.

Na actualidade,  esta  Mancomunidade esta formada polos seguintes Concellos:

 

OBXETIVOS DA MANCOMUNIDADE

Os obxectivos principais da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo son:

 

 

Buscar solucións conxuntas para os problemas que son comúns aos concellos.

Mellorar a calidade de vida e o benestar dos seus habitantes.

Impulsar o desenvolvemento integral e sostido da área.

Procurar o desenvolvemento xeral e harmónico de todos os concellos que a integran.

Aunar esforzos co fin de prestar á cidadanía un maior número de servizos e de mellor calidade.

Reducir diferenzas sociais e económicas entre territorios limítrofes.

CONTACTA CON NÓS

Contacta connosco para máis información

Número de teléfono

986 42 33 66

Email

obradoiro.emprego@maiv.org

Dirección

Avenida da Hispanidade, 17. 36203 – Vigo, Pontevedra. España.

Envía unha mensaxe

Por favor, activa JavaScript en tu navegador para completar este formulario.
Nome e apelidos