
Galician Freaky Film Festival 2026 10º Festival Internacional de Cine Freak e Fantástico
O Galician Freaky Film Festival (GFFF) celebra a súa X edición en Vigo do 17 ao 26 de setembro, cunha programación chea de cinema fantástico, terror, ciencia ficción e cultura freak. Unha década de cinema, creatividade e actividades para todos os públicos que converte Vigo nun punto de encontro para os amantes do xénero.





