Mes septiembre 2025

SUBVENCIÓNS PARA ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA E ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA PARA O DESENVOLVEMENTO E A POSTA EN MARCHA DE PROXECTOS DE VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL NO RURAL. 2026

As subvencións 2026 xa están abertas ata o 17 de outubro! Se es unha entidade de acción voluntaria ou unha entidade local, tes a oportunidade de impulsar proxectos de voluntariado interxeracional no rural. Iniciativas que conectan xeracións, valorizan a experiencia das persoas maiores e abren camiño ás máis novas para crear futuro no noso territorio.

SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROGRAMAS DE INTERESE XERAL CON FINS SOCIOSANITARIOS, PARA O COFINANCIAMENTO DE PROXECTOS DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS

Ata o 15 de outubro Xunta de Galicia abre a convocatoria de subvencións para entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos de prevención das condutas aditivas. Unha oportunidade para reforzar programas sociosanitarios que xeren impacto real e melloren o benestar da cidadanía.

SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA A ADQUISICIÓN E REPARACIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS E VESTIARIO PROPIO DE AGRUPACIÓNS MUSICAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Se a túa agrupación musical quere soar mellor ca nunca, esta é a túa ocasión Xa están abertas, ata o 9 de outubro, as axudas para adquirir ou reparar instrumentos e vestiario, un impulso directo á creatividade, á calidade musical e á vida cultural da provincia de Pontevedra.