CUARTA EDICIÓN DOS PREMIOS #MULLERES NO FOCO

A Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) ten como obxectivo poñer en valor o traballo da muller no audiovisual galego co fin de mudar as cifras de infrarrepresentación actuais das profesionais do sector. Por iso, un ano máis, convoca unha nova edición dos Premios #Mulleres no Foco de apoio ás mulleres do sector audiovisual, dado que, aínda a día de hoxe, as mulleres seguen precisando apoio e visibilidade na maior parte das profesións vinculadas a este sector, feito que se acentúa nos postos relacionados coa toma de decisións e nos de maior prestixio social. Informate canto antes!

Se queres saber máis non dubides en clicar nesta ligazón.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *