MAIV

MAIV

BOLSAS XERENCIAIS TALENTO COOPERATIVO 2025

Ata o 31 de agosto, a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop convoca unha nova edición do programa de bolsas “Talento Cooperativo”, dirixido a persoas menores de 30 anos, preferentemente mulleres en situación de desemprego, con formación en áreas de xestión empresarial. As bolsas ofrecen estadías de 6 meses en cooperativas galegas, combinando formación teórica e práctica en tarefas xerenciais, co obxectivo de mellorar a xestión das entidades e fomentar o emprego na economía social.

SUBVENCIÓNS PARA A POSTA EN PRÁCTICA DE PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO DE GALICIA E SE CONVOCAN PARA O ANO 2025

Ata o 18 de agosto a Xunta de Galicia invita a concellos, mancomunidades, entidades públicas locais e entidades sen ánimo de lucro a participar na nova convocatoria de programas integrados de emprego. Se queres impulsar actuacións de orientación, formación e inserción laboral para persoas desempregadas, presenta a túa solicitude e forma parte desta iniciativa con impacto real no territorio.

SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DIRIXIDOS Á XUVENTUDE E AO VOLUNTARIADO, CON CARGO Á ASIGNACIÓN TRIBUTARIA DO 0,7 % DO IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS E DO IMPOSTO DE SOCIEDADES NO ANO 2025

Traballas coa mocidade ou promoves o voluntariado?
Xa están dispoñibles ata o 12 de agosto as subvencións do 0,7 % do IRPF e do Imposto de Sociedades para programas con impacto social.
 É o momento de dar impulso ao teu proxecto e marcar a diferenza no 2025!

PREMIOS DA CULTURA GALEGA PARA O ANO 2025

Xa están abertas ata o 22 de setembro as convocatorias dos Premios da Cultura Galega 2025!
Un recoñecemento ao talento, o compromiso e a creación cultural do nosa comunidade. Se a túa entidade traballa pola cultura galega, non deixes pasar esta oportunidade de poñer en valor o seu labor.