Obxectivos específicos
Destínanse axudas para o ano 2026 para a realización de programas de interese xeral que atendan fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades.
Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas axudas as entidades (federacións, confederacións e agrupacións) pertencentes ao terceiro sector de acción social, e a Cruz Vermella Española.
Contía das subvencións
O orzamento mínimo de cada programa será de 5 000 €. O número máximo de programas para os que se poderá obter subvención por parte dunha mesma entidade ou agrupación, así como a contía máxima da subvención que se concederá para cada un dos programas e proxectos presentados dentro de cada unha das liñas serán:
a) Para a liña I, actuacións destinadas á xuventude:
- Ámbito local ou provincial: un máximo de 2 programas cunha contía máxima por programa de 20 000 €.
- Ámbito autonómico: un máximo de 4 programas cunha contía máxima por programa de 30 000 €.
b) Para a liña II, actuacións destinadas ao voluntariado:
- Ámbito local ou provincial: un máximo de 3 programas cunha contía máxima por programa de 15 000 €.
- Ámbito autonómico: un máximo de 2 programas cunha contía máxima por programa de 30 000 €.
c) Para a liña III, proxectos de investimento por parte das entidades xuvenís:
- Ámbito local ou provincial: un proxecto como máximo cunha contía máxima de 10 000 €.
- Ámbito autonómico: un proxecto como máximo cunha contía máxima de 20 000 €.
d) Para a liña IV, proxectos de investimento por parte das entidades de acción voluntaria:
- Ámbito local ou provincial: un proxecto como máximo cunha contía máxima de 10 000 €.
- Ámbito autonómico: un proxecto como máximo cunha contía máxima de 20 000 €.
Gastos subvencionables
As subvencións destinaranse a programas de interese xeral que teñan fins de carácter social.
Os programas desenvolveranse integramente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2027.
Diferéncianse 4 liñas de actuacións:
● Liña I: Actuacións destinadas á xuventude.
● Liña II: Actuacións destinadas ao voluntariado.
● Liña III: Proxectos de investimento por parte das entidades xuvenís.
● Liña IV: Proxectos de investimento por parte das entidades de acción voluntaria.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 17 de agosto de 2026.
Máis información
Código de procedemento CT200A.
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co Departamento de Apoio ás Asociacións da Mancomunidade de Vigo, chamando ao teléfono 986 42 33 66 ou no noso correo: obradoiro.emprego@maiv.org
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.




