BASES E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA GASTOS CORRENTES AOS CENTROS CULTURAIS PARROQUIAIS, ANO 2026, EN REDONDELA

O Concello de Redondela convoca as subvencións para gastos correntes dos centros culturais parroquiais para o ano 2026, unha iniciativa pra apoiar as entidades veciñais sen ánimo de lucro no mantemento dos seus locais e facer fronte ao incremento dos custos da enerxía. As asociacións interesadas que cumpran cos requisitos poderán tramitar as súas solicitudes por vía electrónica do 15 ao 24 de setembro de 2026.

Obxectivos específicos

  • Axudar aos Centros Culturais Parroquiais no mantemento dos seus gastos correntes, especialmente ante o incremento do prezo das enerxías (luz, combustible, etc.).
  • Aplicando o principio de igualdade e non discriminación por razón de sexo, vaise ter en conta a composición das xuntas directivas a fin de conseguir que a igualdade entre homes e mulleres sexa real e efectiva.

Persoas beneficiarias

Poderán solicitalas os centros culturais parroquiais do termo municipal de Redondela que se atopen constituídos en forma e debidamente legalizados e que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ser unha entidade sen ánimo de lucro.
  • Estar inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións cunha antigüidade mínima de 1 ano.
  • Desenvolver actividades para toda a veciñanza e de xeito permanente durante o ano.
  • Ter debidamente xustificadas as subvencións concedidas en anteriores convocatorias.
  • Ter o domicilio social e o seu ámbito de actuación no concello de Redondela.
  • Contar cunha sede ou local público da súa titularidade, alugada ou cedida polo concello.

Ditos centros deben cumprir, polo menos, dous destes criterios:

  1. Ser un lugar a disposición de uso de toda a veciñanza e asociacións.
  2. Ser o lugar de realización de xuntanzas de colectivos da parroquia (montes, augas, comisións de festas, etc.).
  3. Ser o lugar de realización de actividades de participación veciñal durante todo o ano.

Contía das subvencións

O crédito global dispoñible é de 40.000,00 euros con cargo á partida 9241A4890001 do orzamento vixente.

Gastos subvencionables

Admitiranse os recibos pagados entre o 1 de xaneiro de 2026 e a data de xustificación por:

  • Seguro de danos e responsabilidade civil do edificio.
  • Renda de aluguer do local.
  • Electricidade, gasóleo de calefacción, subministración de auga ou calquera outra enerxía necesaria.
  • Alarma.

Gastos non subvencionables

Quedan excluídos os gastos de investimentos (obras e compras de bens inventariables), cantidades pagadas ao concello polo uso de instalacións ou taxas, actividades formativas ou culturais xa subvencionadas polo concello, xuros bancarios, recargas, sancións, viaxes de lecer, excursións, festas populares ou gastronómicas, edición de libros, conferencias soltas e agasallos.

Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 15 ata 24  de setembro de 2026.

  • Orde:https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/08/2026066386
  • Contacto e información adicional: Podes consultar na web municipal (http://redondela.gal), no teléfono 986 400 300 ou no correo participacioncidada@redondela.gal. 
  •  Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *