VII edición das Xornadas Videoxogo e Literatura

A Fundación Carlos Casares organiza a VII edición das Xornadas Videoxogo e Literatura.
Charlas, mesas redondas, debates, talleres...

A Fundación Carlos Casares organiza a VII edición das Xornadas Videoxogo e Literatura.
Charlas, mesas redondas, debates, talleres...

As subvencións 2026 xa están abertas ata o 17 de outubro! Se es unha entidade de acción voluntaria ou unha entidade local, tes a oportunidade de impulsar proxectos de voluntariado interxeracional no rural. Iniciativas que conectan xeracións, valorizan a experiencia das persoas maiores e abren camiño ás máis novas para crear futuro no noso territorio.

O Concello de Vigo lanza subvencións ata o 20 de setembro para asociacións veciñais, culturais e sociais sen ánimo de lucro. Apoio económico de ata o 100% para actos sociais, encontros veciñais, xogos populares, publicacións e alugueiro de locais. Máis información aquí!

Ata o 15 de outubro Xunta de Galicia abre a convocatoria de subvencións para entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos de prevención das condutas aditivas. Unha oportunidade para reforzar programas sociosanitarios que xeren impacto real e melloren o benestar da cidadanía.

Se a túa agrupación musical quere soar mellor ca nunca, esta é a túa ocasión Xa están abertas, ata o 9 de outubro, as axudas para adquirir ou reparar instrumentos e vestiario, un impulso directo á creatividade, á calidade musical e á vida cultural da provincia de Pontevedra.

Dende o 13 de setembro ás 9:00 ata o 13 de outubro ás 14:00 poderás solicitar estas axudas se a túa entidade realiza actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de consumo!

Queres reforzar o traballo da túa entidade e abrir novas portas ao emprego inclusivo? Ata o 25 de Setembro a Xunta de Galicia convoca as subvencións 2025 para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio en entidades sociais. Un recurso clave para seguir creando oportunidades reais.

A V edición do Pequefreak celebrarase os días 20 e 21 de setembro no C.C. Plaza Elíptica, e dentro deste, na sala Apo’strophe.arte e nos Cines Tamberlick. Un evento único na contorna de Vigo no que os cativos poden desfrutar da experiencia de vivir o seu primeiro festival de cinema.

Xa están dispoñibles as axudas do Programa de emprego con apoio! Ata o 30 de spetembro podedes solicitar a financiación para contratar preparadores e preparadoras laborais que acompañen ás persoas con maiores dificultades de inserción. Non quededes fóra, é o momento de inscribirse!

Ata o 19 de Septembro o programa Coopera abre unha nova oportunidade para as entidades sen ánimo de lucro que queiran impulsar o emprego e xerar impacto social real. A través da contratación de persoas desempregadas e mulleres vítimas de violencia de xénero, fináncianse proxectos que contribúen ao ben común mentres ofrecen experiencia profesional e camiño cara a inserción laboral.