BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES, ANO 2026 EN REDONDELA.

O Concello de Redondela abre o prazo para solicitar as subvencións de participación cidadá para o ano 2026, unha convocatoria que está destinado a financiar actividades veciñais que dinamicen as parroquias e fortalezan o vínculo da veciñanza coa súa contorna. As asociacións de veciños e centros sociais sen ánimo de lucro do municipio poderán presentar os seus proxectos desde o 15 ata o 24 de setembro de 2026.

Obxectivos específicos

  • Fomentar actividades nas parroquias de Redondela durante o ano 2026 para unir á veciñanza coa súa contorna.
  • As actividades deberán ser iniciadas e rematadas no ano 2026, abranguendo o período comprendido entre o 1 de xaneiro e a fin do prazo de xustificación.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as asociacións de veciños, centros sociais parroquiais e federacións de veciños sen ánimo de lucro, con domicilio e ámbito de actuación en Redondela, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións cunha antigüidade mínima dun ano e ao corrente na xustificación de subvencións anteriores.

Contía das subvencións

O crédito global dispoñible é de 24.000,00 € con cargo á partida 9241A/4890000 do orzamento vixente.

Gastos non subvencionables

Exclúense os gastos de investimento, pagos ao concello por uso de instalacións, gastos correntes, actividades xa subvencionadas por outras vías, viaxes de lecer, excursións, festas populares ou gastronómicas, edición de libros ou revistas, conferencias soltas sen formato de curso, agasallos, intereses, multas e recargas.

Prazo e Máis información

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *