Redondela / XVI Festa de Música Tradicional (Serán) – ADC Rande

O vindeiro 7 de xuño de 2025, a partir das 20:00 h, celebrarase na parroquia de Rande a décimo sexta edición da Festa de Música Tradicional organizada pola Asociación Deportiva e Cultural de Rande. Este serán contará coa participación de agrupacións de gaitas e pandeireteiras de distintas parroquias e vilas, promovendo a cultura galega a través da música e o baile tradicional.

O evento ofrecerá ademais chocolate quente e rosca de balde a partir das 21:00 h, e sortearanse agasallos entre os asistentes. Unha noite de convivencia e festa aberta a toda a veciñanza.

Colaboran: Centro de Interpretación Meirande e Concello de Redondela.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *