Running | Teatro en Salceda de Caselas

De Ste Xeito Producciones presentará o venres 11 de setembro, no Centro Cultural e Social de Parderrubias en Salceda de Caselas, a súa ‘suorosa’ comedia Running.

Stephy Llaryora e Sergio Macías son os protagonistas desta historia de «amor» e «humor» da directora e dramaturga Esther F. Carrodeguas. Unha historia do máis actual, que retrata con ton grotesco a posible realidade «familiar» actual e as complicadas relacións de parella, dentro dunha sociedade que nos empurra a ter unha vida axitada, sobrecargada de información e caótica en xeral. ¿Queda algún oco para o amor?

Información do evento

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *