I BTT Enduro Vixiador-Cabeiro (2026) en Redondela
O club Vigoenduro MTB organiza a marcha BTT Enduro Vixiador-Cabeiro,
para o sábado 26 de setembro a partir das 16.00 horas.
Trátase dunha marcha de carácter non competitivo, aberta a bicicletas MTB tradicionais e e-bikes,
para participantes de polo menos 15 anos de idade.

O percorrido consta de aproximadamente 30 quilómetros con 900 metros de desnivel positivo e
conta con entre 6 e 7 tramos descendentes de dificultade media-alta, incluindo un cronometrado
cuxos tres mellores tempos recibirán un agasallo.
O domingo 27 celebrarase o II Mini DH Vixiador, unha proba competitiva de deporte base dirixida
a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos.
A actividade arrancará ás 9.30 horas coa entrega de dorsais e os adestramentos oficiais,
para dar paso á competición ás 12.00 horas. O trazado, situado no Parque Forestal do Vixiador,
consiste nun descenso de uns 800 metros con 100 metros de desnivel.
