TERCEIRA EDICIÓN DA FEIRA ESDOMAR 2026

Se queres pasar un sábado divertido e con moitas actividades interesantes, esta feira é para ti

Este 26 de setembro, no porto de Canido, celébrase a terceira edición da Feria #ESDOMAR, un evento aberto e gratuíto para toda a comunidade.

Nesta iniciativa colaboran EspazoCoop e Fundamar xunto á Confraría de Pescadores de Vigo, para realizar un ano máis un espazo de promoción da actividade de entidades da economía social vinculada ao mar, nesta iniciativa iniciativa realizada co apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia.

A Feira é un espazo de encontro da economía social para o emprendemento, a inclusión e a promoción da economía circular e os produtos locais da pesca artesanal, e tamén un lugar de encontro e intercambio da Economía Social para tecer rede entre entidades e cidadanía, co obxectivo de fortalecer o ecosistema da Economía Social e o Mar en Galicia.

Co obxectivo de promocionar os principios e valores da economía social entre a cidadanía, créase este espazo de difusión e encontro que ofrecerá un lugar onde coñecer e interactuar coas entidades de economía social da nosa contorna, onde as cooperativas terán un lugar para ser protagonistas.

QUE HABERÁ?

ACTIVIDADES para TODAS AS IDADES (algunhas precisan INSCRICIÓN, podes facelo AQUÍ)

  • Embarcacións tradicionais galegas: unha ollada para descubrilas
  • Artes tradicionais para unha pesca sostible: descobre os tesouros que agocha a ría
  • Roteiro de navegación: viaxa a bordo dun galeón galego
  • O cooperativismo no mar: experiencias e casos de éxito
  • Paseo interpretativo: os ambientes litoriais do marisco
  • Capturas con arte: estampa e grava o mar

Baile tradicional: obradoiro de iniciacición para non perder a festa
MÚSICA EN DIRECTO con A Buxaina e Zurrumalla
POSTOS DAS ENTIDADES DA ECONOMÍA SOCIAL para coñecer de preto os seus proxectos, iniciativas e o seu impacto no territorio e na comunidade

Na imaxe tes o programa completo de actividades, e se queres máis información sobre os participantes preme AQUÍ

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *