A Casa das Mulleres é un espazo dependente da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, utilizado tamén por diferentes asociacións e colectivos de mulleres da cidade. Nela ofrécese apoio a mulleres en situación vulnerable, e tamén se imparten cursos e realízanse reunións, exposicións e conferencias. Este outono ten programados varios obradoiros -teatro, canto, autocoidados, empoderamento- e tamén un curso de formación en igualdade para docentes e traballadores do eido social. Estes son os obradoiros deste outono:
Obradoiro «Teatro cómico, rir para resistir»
Duración 26 horas, de finais setembro-decembro. Descrición: «Obradoiro práctico de creación teatral dirixido a mulleres, centrado no uso do humor e a comedia como ferramentas de expresión, crítica social e empoderamento».
Obradoiro de canto para mulleres «Con voz propia»
Duración 26 horas, setembro-decembro. Descrición: «Empregando o canto e o movemento, exploraremos a capacidade expresiva e emocional das nosas voces e corpos, para recoñecernos e empoderarnos ao tempo que aprendemos a autorregulación».
Obradoiro «Técnicas de autocoidado e regulación emocional»
Duración 24 horas, novembro-decembro. Descrición: «Desde unha perspectiva de xénero, favoreceranse procesos de conciencia emocional, corporal e relacional dun xeito práctico e aplicado».
Obradoiro «Conciencia e poder feminino»
Duración 24 horas, novembro-decembro. Descrición: «Desde un enfoque feminista, comprensivo e respectuoso, percorreremos xuntas un camiño cara o empoderamento feminino que nos leve a ser unha muller máis consciente, libre e conectada consigo mesma».
Formación en igualdade para profesionais do eido educativo e social
Duración 25 horas, outubro-decembro. Obxectivo xeral: proporcionar ao persoal participante coñecementos básicos sobre igualdade de xénero e ferramentas para incorporar a perspectiva de xénero na atención ás persoas e no desempeño das súas funcións profesionais.
Inscrición e información complementaria
O prazo de inscrición estará aberto ata cubrir prazas. A ficha de inscrición téndela aquí -e aquí a específica para o curso de formación en Igualdade-. A ficha enviarase por email a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org. No caso de que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres -rúa Romil nº20-, de luns a venres de 17:30 a 21:30 horas.
Para información pormenorizada sobre os cursos -contidos, formadoras, horarios- preme aquí, e se necesitas máis información: Casa das Mulleres, rúa Romil 20, teléfono 986 442 194, email casadasmulleres@vigo.org. Horario de luns a venres de 17:30 h a 21:30 h. Concellería de Igualdade, Praza do Rei 1, 1º andar, teléfono 986 810 284, email ofi.muller@vigo.org, horario de luns a venres de 09:00h a 13:30h www.igualdadevigo.org




