PROGRAMA “PONTEVEDRA, PROVINCIA +INCLUSIVA” 

Se es unha entidade sen ánimo de lucro poderás recibir ata 10.000 euros da Deputación de Pontevedra para actuacións que promovan a seguridade e a autonomía das persoas. Entérate xa!
Obxectivo

  Promoción da accesibilidade universal, a eliminación de barreiras e a adquisición de axudas técnicas para entidades situadas en concellos menores de 50.000 habitantes.

Contía

  A dotación destinada a esta convocatoria é de 180.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 24/231.2311.789.00.

  A repartición das axudas farase polo sistema de rateo entre todas as solicitudes que reúnan os requisitos desta convocatoria cos condicionantes que se recollen a continuación.

 O importe máximo da subvención para cada solicitude non poderá exceder do 80 % do seu orzamento nin da cantidade de 10.000,00 euros. En caso de que o importe solicitado supere os devanditos limiares, non se terá en conta o exceso.

Beneficiarios

  As entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que se atopen inscritas no RUEPSS da Xunta de Galicia como titulares ou xestoras de centros ou programas de servizos sociais nos ámbitos de inclusión, maiores e/ou discapacidade, e que teñan o seu domicilio social nalgún concello de ata 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra.

Gastos subvencionables

  As actuacións financiadas deberán executarse desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2024. 

  Serán subvencionables os gastos ou custos relacionados a continuación en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os que teñan un dereito de uso por calquera título válido en dereito, cun período de cesión vixente por un mínimo de 5 anos seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes:

  • Gastos derivados das obras de acondicionamento, reforma ou ampliación de espazos accesibles nas instalacións das entidades solicitantes. 
  • Os custos de redacción da memoria do proxecto, se esta fose necesaria, serán subvencionables se están directamente relacionados co investimento subvencionado e son indispensables desde o punto de vista legal para a execución da obra de reforma ou acondicionamento.
  • Gastos para adquirir sistemas inclusivos de comunicación, informáticos, audiovisuais, dispositivos braille, sintetizadores de voz, dispositivos de alarma mediante sinais luminosos ou acústicos ou mediante vibracións etc.
  • Gastos derivados de adquirir axudas técnicas relacionadas coa mobilidade e o coidado persoal: camas articuladas, colchóns antiéscaras, cadeiras de rodas (non cubertas por outro sistema público), guindastres e plataformas elevadoras, andadores, sistemas de elevación, dispositivos motorizados para subir escaleiras, cadeiras para a ducha e outras de similar natureza para o uso das persoas usuarias da entidade solicitante.

As solicitudes poderán conter un ou varios dos gastos subvencionables anteriormente descritos.

  • Non serán subvencionables os gastos correntes de mantemento do local, tales como material funxible, auga, luz, teléfono, alugueiros de locais, telefonía e calquera outro de similar natureza.
Compatibilidades e concorrencia

  Estas subvencións serán compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas ou ingresos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións ou entes públicos ou privados, salvo da Deputación de Pontevedra.

  Non obstante, o conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100 % do custo do obxecto da subvención. En caso de superar este límite, deberá comunicarse este feito co obxecto de reducir o importe da subvención.

Prazo

  O prazo para a  presentación de solicitudes rematará o 26 de xuño de 2024.

Máis información

  Consulta as Bases reguladoras do Programa “PONTEVEDRA, PROVINCIA +INCLUSIVA” para a concesión de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro situadas en concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra para a promoción de accesibilidade universal, a eliminaciñon de barreiras e a adquisición de axudas técnicas.

  Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono: 986 42 33 66.

  O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *