A BRINCADEIRA DE BOUZAS AMPLÍA OS DÍAS DE FESTA.

Chega a súa 16º edición e se festexa durante tres xornadas o próximo mes de maio.

A festa da Brincadeira en Bouzas colle corpo de Reconquista. E ao menos no que a días grandes de festa se refire. Hoxe presentouse a popular celebración na vila mariñeira de Vigo e, como gran novidade, anunciouse que este ano, coincidiendo coa súa 16º edición, haberá tres días de festexos fronte aos dous que había ata agora.

O alcalde, Abel Caballero, presentou a festa da Brincadeira acompañado de Vanesa Domínguez, responsable da Asociación de Amigos da Historia de Bouzas; e Xosé Manuel Vidal, presidente da Asociación de Veciños de Bouzas.

¿Cando se festexa a Brincadeira 2024?

Segundo anunciaron, este ano Bouzas festexará a romaría urbana e a expulsión dos franceses da vila os días 10,11 e 12 de maio, fin de semana no que Vigo viaxará no tempo ata 1809.

  • A gran novidade é que a festa arrancará o venres ás 18.00 horas (en anteriores edicións o facía o sábado). Entre as pinceladas da programación que avanzaron destaca a representación teatral, que será o sábado ás 18.30 horas. O domingo, ademáis, se festexerá o 2º Concurso de Traxes de Época.
  • O alcalde avanzou tamén a intención de que a Brincadeira de Bouzas sexa declarada Festa de Interese Turístico tanto a nivel galego como nacional.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *