#redondela
Volta ao cole 2026 en Redondela, compra no comercio local e gaña premios e descontos
A Asociación de Empresas de Redondela presenta a campaña Volta ao Cole 2026, pensada para apoiar ás familias nun dos momentos de maior gasto do ano. 🛍️ Un mes de vantaxes, premios e aforro para impulsar as compras en Redondela e Chapela. Durante setembro, cada compra nos comercios adheridos pode converterse nun premio: 📌 Rexistra os teus tickets en 👉 https://participa.empresasredondela.gal/promocion/50 📌 Cada ticket = máis posibilidades de gañar 📌 Sorteo final de 3 Cheques Escolares de 100€ 📌 Premios directos que se activan segundo o volume total de compras 💛 A campaña pivota sobre unha idea clara: mercando na vila, as familias aforran e o comercio local medra. O comercio de proximidade ofrece prezos axustados, atención personalizada e comodidade. Ademais, comprar preto reduce custos de desprazamento, é máis sostible e promove un consumo responsable, fortalecendo a economía que sostén a vida diaria da nosa comunidade. 📣 Durante todo o mes, iremos compartindo en redes sociais a oferta dos comercios locais, recomendacións e novidades para facerche máis doado o inicio do curso. 🔗 Máis información e bases completas da campaña: https://cutt.ly/1yjZMruE Duración da promoción: 1 ao 30 de setembro
III Andaina ‘Valle Inclán’ entre Redondela e Soutomaior
III Andaina Popular Valle Inclán O 13 de setembro chega unha nova edición da Andaina Popular Valle Inclán, unha oportunidade para desfrutar da contorna e compartir unha xornada de deporte e natureza. Saída: ás 9:00 h desde o Pazo da Reboraina (Reboreda) Percorrido: 12 km Duración aproximada: 4 horas (dificultade media) Volta: en autobús desde o Castelo de Soutomaior ata o punto de partida Inscricións do 1 ao 10 de setembro en https://soutomaior.gal/actividades/ Praza limitadas: 160 persoas.Un plan perfecto para percorrer os camiños que unen Soutomaior e Redondela e que forman parte da historia de Valle Inclán.
Redondela, roteiros ambientais e culturais
O Concello de Redondela segue co seu programa mensual de roteiros para dar a coñecer os valores ambientais do concello. Este domingo 13: Ruta "O Río Pexegueiro" (Ruta curta, 10:00 - 13:00 h) Información e Inscricións: As prazas son limitadas e con reserva na Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños), no 986401713 ou turismo@redondela.gal
