Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Volta ao cole 2026 en Redondela, compra no comercio local e gaña premios e descontos

1 septiembre - 30 septiembre

A Asociación de Empresas de Redondela presenta a campaña Volta ao Cole 2026, pensada para apoiar ás familias nun dos momentos de maior gasto do ano.

🛍️ Un mes de vantaxes, premios e aforro para impulsar as compras en Redondela e Chapela. Durante setembro, cada compra nos comercios adheridos pode converterse nun premio:
📌 Rexistra os teus tickets en 👉 https://participa.empresasredondela.gal/promocion/50
📌 Cada ticket = máis posibilidades de gañar
📌 Sorteo final de 3 Cheques Escolares de 100€
📌 Premios directos que se activan segundo o volume total de compras
💛 A campaña pivota sobre unha idea clara: mercando na vila, as familias aforran e o comercio local medra. O comercio de proximidade ofrece prezos axustados, atención personalizada e comodidade. Ademais, comprar preto reduce custos de desprazamento, é máis sostible e promove un consumo responsable, fortalecendo a economía que sostén a vida diaria da nosa comunidade.
📣 Durante todo o mes, iremos compartindo en redes sociais a oferta dos comercios locais, recomendacións e novidades para facerche máis doado o inicio do curso.
🔗 Máis información e bases completas da campaña: https://cutt.ly/1yjZMruE

Duración da promoción: 1 ao 30 de setembro

Detalles