#redondela
Volta ao cole 2026 en Redondela, compra no comercio local e gaña premios e descontos
A Asociación de Empresas de Redondela presenta a campaña Volta ao Cole 2026, pensada para apoiar ás familias nun dos momentos de maior gasto do ano. 🛍️ Un mes de vantaxes, premios e aforro para impulsar as compras en Redondela e Chapela. Durante setembro, cada compra nos comercios adheridos pode converterse nun premio: 📌 Rexistra os teus tickets en 👉 https://participa.empresasredondela.gal/promocion/50 📌 Cada ticket = máis posibilidades de gañar 📌 Sorteo final de 3 Cheques Escolares de 100€ 📌 Premios directos que se activan segundo o volume total de compras 💛 A campaña pivota sobre unha idea clara: mercando na vila, as familias aforran e o comercio local medra. O comercio de proximidade ofrece prezos axustados, atención personalizada e comodidade. Ademais, comprar preto reduce custos de desprazamento, é máis sostible e promove un consumo responsable, fortalecendo a economía que sostén a vida diaria da nosa comunidade. 📣 Durante todo o mes, iremos compartindo en redes sociais a oferta dos comercios locais, recomendacións e novidades para facerche máis doado o inicio do curso. 🔗 Máis información e bases completas da campaña: https://cutt.ly/1yjZMruE Duración da promoción: 1 ao 30 de setembro
XIII Festa Popular en Chapela
Froles Mareliñas organizará un ano máis a Festa Popular onde todos os participantes desfrutarán dunha xornada chea de música, podendo, ademáis, degustar un xantar. A festa terá lugar no barrio redondelán de Chapela (Senda Verde) o 12 de setembro e dará inicio ás 14.00 horas co xantar a base de mexillóns, callos e pan (prezo; 13€). Tamén haberá pizza, empanadillas, bocadillos de tortilla e chouripán. Ás 17.30 horas comezarán as actuacións musicais de: Trubisqueira, PanBreteiras de Froles Mareliñas, grupo de baile Anaquiños, Choran ás Pedras, grupo folk Cidadelle e grupo de gaitas Froles Mareliñas. Ás 21.00 horas a festa proseguirá co concerto de Pelepau. E para acabar a festa, gran foliada aberta.
Redondela, roteiros ambientais e culturais
O Concello de Redondela segue co seu programa mensual de roteiros para dar a coñecer os valores ambientais do concello. Este sábado 12 temos o Paseo nocturno "A Punta de Cesantes" (20:30 - 23:00 h) Información e Inscricións: As prazas son limitadas e con reserva na Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños), no 986401713 ou turismo@redondela.gal
