ACTIVIDADES
Volta ao cole 2026 en Redondela, compra no comercio local e gaña premios e descontos
A Asociación de Empresas de Redondela presenta a campaña Volta ao Cole 2026, pensada para apoiar ás familias nun dos momentos de maior gasto do ano. 🛍️ Un mes de vantaxes, premios e aforro para impulsar as compras en Redondela e Chapela. Durante setembro, cada compra nos comercios adheridos pode converterse nun premio: 📌 Rexistra os teus tickets en 👉 https://participa.empresasredondela.gal/promocion/50 📌 Cada ticket = máis posibilidades de gañar 📌 Sorteo final de 3 Cheques Escolares de 100€ 📌 Premios directos que se activan segundo o volume total de compras 💛 A campaña pivota sobre unha idea clara: mercando na vila, as familias aforran e o comercio local medra. O comercio de proximidade ofrece prezos axustados, atención personalizada e comodidade. Ademais, comprar preto reduce custos de desprazamento, é máis sostible e promove un consumo responsable, fortalecendo a economía que sostén a vida diaria da nosa comunidade. 📣 Durante todo o mes, iremos compartindo en redes sociais a oferta dos comercios locais, recomendacións e novidades para facerche máis doado o inicio do curso. 🔗 Máis información e bases completas da campaña: https://cutt.ly/1yjZMruE Duración da promoción: 1 ao 30 de setembro
Virxe da Merced de Chaín (2026) en Gondomar
Domingo 27, ás 12:00 horas celebrarase a misa e procesión, acompañadas polo Grupo de Gaitas de Chaín A Merced. Posteriormente, terán lugar as poxas tradicionais dirixidas por Carlos Riveiro, ademais dunha sesión vermú que contará con servizo de pulpeiro.Durante a tarde, de 16:00 a 20:00 horas, os máis pequenos poderán gozar de inchables de balde. A xornada festiva continuará ás 18:00 horas coa actuación musical do dúo BL Pop, poñendo o broche final aos festexos de Chaín.
IV Xuntanza Moteira do Porco ó espeto (2026) en Redondela
A IV Xuntanza Moteira do Porco ó Espeto en Redondela celebrarase o domingo 27 de setembro de 2026 baixo a ponte de Rande (en Trasmañó). Programación e detalles 11:00 h: Apertura do bar. 12:00 h: Xuntanza moteira do porco ó espeto. 13:00 h: Ruta moteira e pregón a cargo de Paco Ferreira (alcalde de Gondomar, diputado e moteiro). 14:15 h: Xantar popular cun menú de ración de porco ó espeto, patacas, pementos, vaso de viño tinto ou auga, sobremesa e café. 16:00 h: Sorteo e premios para os motoristas participantes, ademáis de xogos.
I BTT Enduro Vixiador-Cabeiro (2026) en Redondela
O domingo 27 celebrarase o II Mini DH Vixiador, unha proba competitiva de deporte base dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos. A actividade arrancará ás 9.30 horas coa entrega de dorsais e os adestramentos oficiais, para dar paso á competición ás 12.00 horas. O trazado, situado no Parque Forestal do Vixiador, consiste nun descenso de uns 800 metros con 100 metros de desnivel.
Andaina Mos-Monte Aloia
Andaina ata o Monte Aloia, cuxo punto de partida estará situado na Asociación de Veciños de Herville. A andaina terá lugar o 27 de Setembro a partir das 09.30 horas, levarase a cabo por camiños forestais e terá un percorrido de 22 quilómetros. Os participantes poderán acudir coa súa propia comida para tomar no Monte Aloia, a organización facilita o transporte de neveiras ata o cumio do Monte Aloia se se entregan ás 09.15 horas na furgoneta municipal disposta no punto de encontro. No alto do monte, a xornada amenizarase con música tradicional, empanadas, auga, roscón e café. O regreso a pé está programado para as 16.00 horas, aínda que quen prefira volver en vehículo privado deberá xestionalo pola súa conta e notificalo ao inscribirse.
Redondela, roteiros ambientais e culturais
O Concello de Redondela segue co seu programa mensual de roteiros para dar a coñecer os valores ambientais do concello. Este domingo 27: Ruta "Os Montes de Ventosela" (17:30 - 20:30 h) Información e Inscricións: As prazas son limitadas e con reserva na Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños), no 986401713 ou turismo@redondela.gal
