Todo el día

Volta ao cole 2026 en Redondela, compra no comercio local e gaña premios e descontos

A Asociación de Empresas de Redondela presenta a campaña Volta ao Cole 2026, pensada para apoiar ás familias nun dos momentos de maior gasto do ano. 🛍️ Un mes de vantaxes, premios e aforro para impulsar as compras en Redondela e Chapela. Durante setembro, cada compra nos comercios adheridos pode converterse nun premio: 📌 Rexistra os teus tickets en 👉 https://participa.empresasredondela.gal/promocion/50 📌 Cada ticket = máis posibilidades de gañar 📌 Sorteo final de 3 Cheques Escolares de 100€ 📌 Premios directos que se activan segundo o volume total de compras 💛 A campaña pivota sobre unha idea clara: mercando na vila, as familias aforran e o comercio local medra. O comercio de proximidade ofrece prezos axustados, atención personalizada e comodidade. Ademais, comprar preto reduce custos de desprazamento, é máis sostible e promove un consumo responsable, fortalecendo a economía que sostén a vida diaria da nosa comunidade. 📣 Durante todo o mes, iremos compartindo en redes sociais a oferta dos comercios locais, recomendacións e novidades para facerche máis doado o inicio do curso. 🔗 Máis información e bases completas da campaña: https://cutt.ly/1yjZMruE Duración da promoción: 1 ao 30 de setembro

I BTT Enduro Vixiador-Cabeiro (2026) en Redondela

O club Vigoenduro MTB organiza a marcha BTT Enduro Vixiador-Cabeiro, para o sábado 26 de setembro a partir das 16.00 horas. Trátase dunha marcha de carácter non competitivo, aberta a bicicletas MTB tradicionais e e-bikes, para participantes de polo menos 15 anos de idade. O percorrido consta de aproximadamente 30 quilómetros con 900 metros de desnivel positivo e conta con entre 6 e 7 tramos descendentes de dificultade media-alta, incluindo un cronometrado cuxos tres mellores tempos recibirán un agasallo. O domingo 27 celebrarase o II Mini DH Vixiador, unha proba competitiva de deporte base dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos. A actividade arrancará ás 9.30 horas coa entrega de dorsais e os adestramentos oficiais, para dar paso á competición ás 12.00 horas. O trazado, situado no Parque Forestal do Vixiador, consiste nun descenso de uns 800 metros con 100 metros de desnivel.

II Andaina Nocturna con Probas (2026) en Salceda de Caselas

Andaina que se celebrará no municipio de Salceda de Caselas na xornada do sábado 26 de setembro e que estará formada por un percorrido de 6,5 quilómetros con probas. A andaina terá o seu punto de partida no torreiro Novo a partir das 21:00 horas, será obrigatorio levar lanterna e chaleco reflector e   os grupos da andaina estarán formados por entre 6 e 12 persoas. O prezo de inscrición será de 7 euros.

Tómbola Benéfica en Mos

Tómbola Benéfica a favor de la AECC que se llevará a cabo en el Pazo de Mos el sábado 26 de Septiembre desde las 12.00 horas. La tómbola estará instalada en las instalaciones del pazo para que los asistentes puedan participar. Además, el evento incluye actuaciones musicales y de baile; a las 12.00 horas grupo de gaitas Celado,   a las 17.30 horas banda de acordeones O Son do Acordeón, a las 18.30 horas Asociación Pasión Flamenca de Vigo y a las 19.00 horas alumnos de la escuela de baile Patricia Martínez. También habrá obradoiros infantiles y pintacaras. Tómbola Benéfica a favor de la AECC que se llevará a cabo en el Pazo de Mos. El programa del evento incluye también actuaciones musicales y talleres infantiles.

Feira ESDOMAR en Canido, Vigo

Este sábado celébrase a feira ESDOMAR na lonxa de Canido, onde poderás visitar espazos de produtores e diversas exposicións relacionadas co mar de Galicia (embarcacións tradicionais, artes de pesca...), ademais de moitas actividades.  Aquí tedes os horarios: 10:00-11:30h Artes de pesca coa CONFRARÍA DE PESCADORES DE VIGO 10:30-11:00h Charla: Unha ollada ás embarcacións tradicionals galegas con CABO DO MAR 11:00-13:00h Roteiro a bordo dun galeón galego (2 quendas) con CABO DO MAR 11:30-13:00h Artes de pesca coa CONFRARÍA DE PESCADORES DE VIGO 12:00h O cooperativismo no mar con ESPAZOCOOP 12:00h APERTURA INSTITUCIONAL Saúdo institucional Presentación de resultados A MAR DE RICO 13:45h Sesión Vermú co grupo etnográfico A BUXAINA 14:00h-19:00h Roteiro a bordo dun galeón galego (3 quendas) con CABO DO MAR 17:00h-18:30h Paseo interpretativo: Os ambientes litorais do marisco coa CONFRARÍA DE PESCADORES DE VIGO 17:00h-19:30h Capturas con arte. Estampa e grava o mar con CASA RODANTE-APAMP 18:00h-18:30h Micro aberto: Fala a economía social 18:30h-19:30h Obradoiro de iniciación ao baile tradicional CECILIA PASTORIZA 19:30h Peche musical co grupo ZURRUMALLA Haberá paparotada e bebida para pasar o día!

O Gran Circo Inimitable

O Gran Circo Inimitable presenta o Tributo K-Pop con acrobacias, motos, patinaxe, humor e música ao vivo. O show poderase gozar do 24 ao 27 de Setembro no concello de Salceda de Caselas. Horarios:-Domingo ás 12:00h e 17:00h.