XXV EDICIÓN PREMIO ELÍAS VALIÑO DOS VALORES PROPIOS DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

Se es unha asociación, fundación ou entidade sen ánimo de lucro que ten entre os seus obxectivos lograr un recoñecemento institucional e social ao esforzo protector e de fomento do coñecemento e dos valores propios dos Camiños de Santiago isto interésache! Non o esquezas!
Obxectivo

  Establécense a convocatoria e as bases reguladoras da concesión do Premio Elías Valiña, en réxime de concorrencia competitiva, para distinguir o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago como un recoñecemento institucional e social ao esforzo protector e de fomento por parte das asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que inclúan estes fins no seu obxecto social.

Un dato a ter en conta é que esta mención só poderá outorgarse de xeito individual. Aparte que o Premio poderá outorgarse de xeito individual ou compartido, ou declararse deserto. E a asociación ou entidade premiada recibirá un diploma e o importe do premio que lle será aboado mediante transferencia bancaria. No caso de que o premio sexa compartido, serao a partes iguais entre as persoas galardoadas.

Persoas beneficiarias
  • Poderán participar as asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, cunha traxectoria que acredite o seu labor na protección, revitalización, fomento do coñecemento e dos valores propios do Camiño de Santiago, e que desenvolvan a súa actividade tanto dentro como fóra de Galicia. 
  • Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas en que se dean algunhas das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin as que fosen premiadas nas cinco convocatorias anteriores co Premio Elías Valiña.
Requisitos

  Estas entidades deberán ter acreditada unha traxectoria de cando menos cinco anos de funcionamento efectivo na consecución dos obxectivos establecidos na convocatoria.

Criterios de valoración e accións subvencionables

 O xurado valorará as candidaturas, ata un máximo de 100 puntos, segundo a documentación acreditativa que se presentara, de acordo coas seguintes epígrafes: 

  • Intervencións encamiñadas á protección do patrimonio, ata un máximo de 25 puntos
  • Traballos de investigación, de documentación e de fomento do coñecemento do Camiño e do fenómeno xacobeo para difundilo entre a cidadanía, ata un máximo de 25 puntos.
  • Accións de sensibilización e fomento do asociacionismo con fins relacionados co fenómeno xacobeo e organizacións de peregrinacións e outras actividades para membros e persoas simpatizantes, ata un máximo de 25 puntos.
  • Accións encamiñadas a potenciar valores propios do Camiño na súa dimensión espiritual, solidaria e social, ata 25 puntos.
Contía

  A convocatoria realízase, con cargo á aplicación orzamentaria 10.05.433A.781.0 que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades dentro dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2024, por un importe máximo de 15.000 €.

Prazo

  O prazo para a  presentación de candidaturas comezará o 24 de abril de 2024 e rematará o 23 de maio de 2024.

Máis información

 Consulta a ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, do Premio Elías Valiña para distinguir o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago e se convoca a súa XXV edición para o ano 2024 (código de procedemento CT141A).

Acceder ao procedemento de tramitación:

Código de procedemento: CT141A

  Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións), chamando ao teléfono: 986 42 33 66.

  O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *