VIII XORNADAS VIDEOXOGO E LITERATURA

Se che gustan os videoxogos retro, estas xornadas son para ti

 O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) acollerá o 15 e 16 de outubro de 2026 a serie de conferencias «VIDEOXOGO E LITERATURA. UNHA MIRADA TRANSVERSAL», organizadas pola Fundación Carlos Casares en colaboración co MARCO e a Asociación Videoxogo.gal. O evento, que xa vai pola súa oitava edición, consolida a cidade de Vigo como punto de encontro entre a cultura, o desenvolvemento indie, a educación e a industria do entretemento interactivo.

As xornadas desenvolveranse no Espazo MARCO -Galería 3 -rúa do Príncipe 54 de Vigo-, e a entrada é gratuíta ata completar aforo -recomendamos reservar para o día e franxa horaria que vos interese na web do evento, aquí.

Nesta edición de 2026, os obradoiros amosarán o camiño feito polas consolas entre os 32 e os 64 bits con charlas e espacio de xogos, e coma sempre, poderá visitarse en abertoxa desde o mércores 14 estará aberta a expo BIT a BIT. A evolución dos videoxogos!, na que se ademais de  facer un repaso polas distintas xeracións de consolas retro poderás xogar a clásicos como Supermario ou Zelda! Será no ESPAZO ANEXO MARCO de Vigo, detrás do museo.

Os horarios da BIT a BIT son de 10:00 a 14:00 horario escolar e de 17:00 a 20:00 horario familiar (o sábado 17 será horario familiar pola mañá soamente, non haberá sesión de tarde). Máis info e reservas: para escolares comunicacion@marcovigo.com, e para familias info@videoxogoeliteratura.gal

E o programa das conferencias:

XOVES 15 OUTUBRO

  • 11:00h APERTURA a cargo do noso mestre de cerimonias: Bruno Doiro. Como xa é habitual conducirá todos os contidos coa súa especial habilidade como actor de dobraxe e artista gráfico.
  • 11:05h XOGANDO A SER. OS XOGOS DE ROL E O LECER INTERACTIVO. Contará coa participación de: Andrea Bretín. Deseñadora de xogos de mesa e responsable en Colibrí Games. Manuel Sánchez. Vigués adoptivo, roleiro de pro, eterno director de xogo e responsable en Realidad Alternativa. Jose Veiga. Responsable en Customeeple.
  • 12:15h INAUGURACIÓN. Con representantes do Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia, Fundación Carlos Casares, empresas e institucións.
  • 12:30h PAUSA. A hora do café.
  • 12:45h PROFESIONALIZARSE FACENDO VIDEOXOGOS: A PARTE LEGAL. ELEMENTOS A TER EN CONTA NO PROCESO CREATIVO. Xosé Manuel Rey. É responsable na firma coruñesa datalawyers e vainos contar que temos que facer para poder comezar a facturar como estudio de videoxogos, como ser autónomos, ou montar unha empresa.

13:45h PAUSA PARA COMER

  • 17:00h POSICIONARSE FACENDO VIDEOXOGOS: TRABALLANDO CON «PUBLISHERS». Juan Pablo Ordóñez. CEO en Game Hunters, traballa poñendo en valor as IPs que os estudios crean. É especialista en produto e posicionamento de xogos.
  • 18:15h PAUSA. A hora do café.
  • 18:30h POSICIONARSE FACENDO VIDEOXOGOS: COMO FUNCIONA A TENDA DE STEAM. Javier Mayor. Productor, deseñador e desenvolvedor de videoxogos. Aconsellaranos sobre como chegar cunha boa proposta de ventas a STEAM e mellorar a rendibilidade dos nosos xogos. Tamén é responsable da xestión en Videoxogo.gal
  • 19:30h OS INDIES EN GALICIA. VIDEOXOGO.GAL. Visibilidade para os equipos de desenvolvemento galegos a través da asociación Videoxogo.gal. Contaremos con: Carolina Nickelle, falará de Chroma Tales. Andrés Piñeiro con Golpes e Broucazos. Gerardo Borjes de Aureole Wings of Hope.

20:30h FIN DA XORNADA

VENRES 16 DE OUTUBRO

  • 17:00h COLORATURA: DESEÑANDO UNHA AVENTURA QUE SE XOGA SEN VER. Creado por Nakama Game Studios, Coloratura é un videoxogo no que asumes o papel de Alex, unha moza con dotes musicais que, gradualemente vai perdendo a vista. Estarán nas Xornadas Lluís Morueco (deseñador) e Pedro Seco (Game Director).
  • 18:00h PROFESIONALIZARSE FACENDO VIDEOXOGOS: DAS IDEAS AOS PRODUTOS. Con Francisco Téllez de Meneses, programador de videoxogos desde 1987 que pasou entre outros estudios por Ubisoft. En PC e consolas é o autor de Unepic (2011), Ghost 1.0 (2016), UnMetal (2021) e Pampas & Selene (2024).
  • 19:00h OBRADOIRO · GAMIFICACIÓN NA EDUCACIÓN. Con Lucía Moure, profesora de galego e responsable de Curruncho Galego. O obradoiro estará orientado a exercicios de gamificación na aula e adaptable a outros ámbitos profesionais e persoais.
  • 20:15h DENDE O GALEGO CON HUMOR: OS PROXECTOS DA GAMEJAM. Presentación dos proxectos participantes na GameJam «Dende o galego con humor» de 2025, organizada pola Fundación Carlos Casares, e anuncio da nova edición de 2026.

20:45h REMATE DAS VIII XORNADAS. Pecharemos as VIII Xornadas Videoxogo e Literatura.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *