CURSOS DE FORMACIÓN EN VOLUNTARIADO DO CONCELLO DE VIGO

Xa podes inscribirte nos novos cursiños de voluntariado do Concello de Vigo

O Concello de Vigo vén de anunciar os seus cursos de formación en voluntariado para este outono. Se queres desenvolver novas habilidades, ampliar coñecementos sobre temas sociais de actualidade, ou coñecer persoas cos teus mesmos valores e inquietudes, xa sabes, porque a inscrición está aberta. Aquí tes todos os datos:

CURSOS DISPOÑIBLES:

Básico de iniciación ao voluntariado. 6 e 7 de outubro

Novas adiccións. Prevención, detección e intervención desde o voluntariado. 13 e 14 de outubro

Reducindo a Fenda Dixital: IA e acompañamento tecnolóxico. 19 e 20 de outubro

Voluntariado de apoio á cidadanía en situacións de emerxencia social. 27 e 28 de outubro

Habilidades de acompanamento emocional e afectivo a persoas maiores: Claves para o voluntariado. 5 e 6 de novembro

Soporte vital e Primeiros auxilios avanzados. 10 e 11 de novembro

Voluntariado e interculturalidade. Recursos para a inclusión de persoas migrantes. 18 de novembro


Os cursos impartiranse nas aulas da Oficina Municipal de Distrito de BOUZAS, de 17:00h a 21:00h

Chama ao 010 para inscribirte (prazas limitadas)

info: ofi.voluntariado@vigo.org e chamando ao 986 810 213 ou 604 069 272

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *