Obxectivos específicos
- Fomentar actividades nas parroquias de Redondela durante o ano 2026 para unir á veciñanza coa súa contorna.
- As actividades deberán ser iniciadas e rematadas no ano 2026, abranguendo o período comprendido entre o 1 de xaneiro e a fin do prazo de xustificación.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as asociacións de veciños, centros sociais parroquiais e federacións de veciños sen ánimo de lucro, con domicilio e ámbito de actuación en Redondela, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións cunha antigüidade mínima dun ano e ao corrente na xustificación de subvencións anteriores.
Contía das subvencións
O crédito global dispoñible é de 24.000,00 € con cargo á partida 9241A/4890000 do orzamento vixente.
Gastos non subvencionables
Exclúense os gastos de investimento, pagos ao concello por uso de instalacións, gastos correntes, actividades xa subvencionadas por outras vías, viaxes de lecer, excursións, festas populares ou gastronómicas, edición de libros ou revistas, conferencias soltas sen formato de curso, agasallos, intereses, multas e recargas.
Prazo e Máis información
- Prazo de solicitude: Do 15 ao 24 de setembro de 2026.
- Consulta da ORDE: [https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/08/2026066385]
- Contacto e información adicional: Podes consultar na web municipal (http://redondela.gal),
- Teléfono 986 400 300
- Correo participacioncidada@redondela.gal.
- Para axuda na tramitación, o Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE) está dispoñible no 986 42 33 66.




