• Running | Teatro en Salceda de Caselas

    De Ste Xeito Producciones presentará o venres 11 de setembro, no Centro Cultural e Social de Parderrubias en Salceda de Caselas, a súa 'suorosa' comedia Running. Stephy Llaryora e Sergio Macías son os protagonistas desta historia de «amor» e «humor» da directora e dramaturga Esther F. Carrodeguas. Unha historia do máis actual, que retrata con ton grotesco a posible realidade «familiar» actual e as complicadas relacións de parella, dentro dunha sociedade que nos empurra a ter unha vida axitada, sobrecargada de información e caótica en xeral. ¿Queda algún oco para o amor? Información do evento Data e hora: venres 11 de setembro a partir das 21:45 horas Lugar: Centro Cultural e Social de Parderrubias situado en Portela, 15, A, 36472 Parderrubias. Entrada: a entrada será gratuíta. Recomendado para público de máis de 12 anos. Evento organizado polo Centro Cultural e Social Parderrubias coa colaboración da Deputación de Pontevedra dentro do programa cultural Culturea.

  • Mariñeiras, espectáculo de A COVA DAS LETRAS en Soutomaior

    Teatro ’Mariñeiras’ presenta A Cova das letras Un espectáculo interactivo sobre a vida mariñeira e a aprendizaxe do oficio do mar. Público infantil – familiar Hora: 17:30 h, no Multiúsos de Arcade. Entrada de balde ata completar aforo.

  • Berenguela na gaiola, espectáculo de XAROPE TULÚ co CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, en Arcade

    Domingo, 18 de outubro Espectáculo ‘Berenguela na gaiola’ As compañías Galeatro e Xarope Tulú co Centro Dramático Galego Peza baseada na obra ‘Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela’, de Manuel María, onde tres anciás atoparán a liberdade que cren perdida e a posibilidade de cambiar o mundo Público infantil – familiar | 17:30 h | Multiúsos (Arcade) De balde | Ata completar aforo

  • Os inocentes, monólogo de QUICO CADAVAL, en Arcade

    Venres, 23 de outubro Monólogo ‘Os inocentes’, de Quico Cadaval Unha noite, nunha taberna chega un sinistro forasteiro que fai que se desvele un segredo gardado durante 36 anos. Manoel, o mais anodino dos clientes d’A Carrilana, fora o protagonista dunha historia conmovedora na guerra do 36. Ao rapaz da taberna médranlle as orellas, e sabe cousas que non debía saber aos seus anos, descubrindo así unha estirpe esquecida nas guerras: Os Inocentes Público xeral| 20:30h | Multiúsos (Arcade) De balde | Ata completar aforo.