- Este evento ha pasado.
Running | Teatro en Salceda de Caselas
11 septiembre· 21:30 - 23:30

De Ste Xeito Producciones presentará o venres 11 de setembro, no Centro Cultural e Social de Parderrubias en Salceda de Caselas, a súa ‘suorosa’ comedia Running.
Stephy Llaryora e Sergio Macías son os protagonistas desta historia de «amor» e «humor» da directora e dramaturga Esther F. Carrodeguas. Unha historia do máis actual, que retrata con ton grotesco a posible realidade «familiar» actual e as complicadas relacións de parella, dentro dunha sociedade que nos empurra a ter unha vida axitada, sobrecargada de información e caótica en xeral. ¿Queda algún oco para o amor?
Información do evento
- Data e hora: venres 11 de setembro a partir das 21:45 horas
- Lugar: Centro Cultural e Social de Parderrubias situado en Portela, 15, A, 36472 Parderrubias.
- Entrada: a entrada será gratuíta. Recomendado para público de máis de 12 anos.
- Evento organizado polo Centro Cultural e Social Parderrubias coa colaboración da Deputación de Pontevedra dentro do programa cultural Culturea.
