• Volta ao cole 2026 en Redondela, compra no comercio local e gaña premios e descontos

    A Asociación de Empresas de Redondela presenta a campaña Volta ao Cole 2026, pensada para apoiar ás familias nun dos momentos de maior gasto do ano. 🛍️ Un mes de vantaxes, premios e aforro para impulsar as compras en Redondela e Chapela. Durante setembro, cada compra nos comercios adheridos pode converterse nun premio: 📌 Rexistra os teus tickets en 👉 https://participa.empresasredondela.gal/promocion/50 📌 Cada ticket = máis posibilidades de gañar 📌 Sorteo final de 3 Cheques Escolares de 100€ 📌 Premios directos que se activan segundo o volume total de compras 💛 A campaña pivota sobre unha idea clara: mercando na vila, as familias aforran e o comercio local medra. O comercio de proximidade ofrece prezos axustados, atención personalizada e comodidade. Ademais, comprar preto reduce custos de desprazamento, é máis sostible e promove un consumo responsable, fortalecendo a economía que sostén a vida diaria da nosa comunidade. 📣 Durante todo o mes, iremos compartindo en redes sociais a oferta dos comercios locais, recomendacións e novidades para facerche máis doado o inicio do curso. 🔗 Máis información e bases completas da campaña: https://cutt.ly/1yjZMruE Duración da promoción: 1 ao 30 de setembro

  • XIII Festa Popular en Chapela

    Froles Mareliñas organizará un ano máis a Festa Popular onde todos os participantes desfrutarán dunha xornada chea de música, podendo, ademáis, degustar un xantar. A festa terá lugar no barrio redondelán de Chapela (Senda Verde) o 12 de setembro e dará inicio ás 14.00 horas co xantar a base de mexillóns, callos e pan (prezo; 13€). Tamén haberá pizza, empanadillas, bocadillos de tortilla e chouripán. Ás 17.30 horas comezarán as actuacións musicais de: Trubisqueira, PanBreteiras de Froles Mareliñas, grupo de baile Anaquiños, Choran ás Pedras, grupo folk Cidadelle e grupo de gaitas Froles Mareliñas. Ás 21.00 horas a festa proseguirá co concerto de Pelepau. E para acabar a festa, gran foliada aberta.

  • Redondela, roteiros ambientais e culturais

    O Concello de Redondela segue co seu programa mensual de roteiros para dar a coñecer os valores ambientais do concello. Este sábado 12 temos o Paseo nocturno "A Punta de Cesantes" (20:30 - 23:00 h) Información e Inscricións: As prazas son limitadas e con reserva na Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños), no 986401713 ou turismo@redondela.gal

  • III Andaina ‘Valle Inclán’ entre Redondela e Soutomaior

    III Andaina Popular Valle Inclán O 13 de setembro chega unha nova edición da Andaina Popular Valle Inclán, unha oportunidade para desfrutar da contorna e compartir unha xornada de deporte e natureza.  Saída: ás 9:00 h desde o Pazo da Reboraina (Reboreda) Percorrido: 12 km Duración aproximada: 4 horas (dificultade media) Volta: en autobús desde o Castelo de Soutomaior ata o punto de partida Inscricións do 1 ao 10 de setembro en https://soutomaior.gal/actividades/ Praza limitadas: 160 persoas.Un plan perfecto para percorrer os camiños que unen Soutomaior e Redondela e que forman parte da historia de Valle Inclán.

  • Redondela, roteiros ambientais e culturais

    O Concello de Redondela segue co seu programa mensual de roteiros para dar a coñecer os valores ambientais do concello. Este domingo 13: Ruta "O Río Pexegueiro" (Ruta curta, 10:00 - 13:00 h) Información e Inscricións: As prazas son limitadas e con reserva na Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños), no 986401713 ou turismo@redondela.gal

  • Redondela, roteiros ambientais e culturais

    O Concello de Redondela segue co seu programa mensual de roteiros para dar a coñecer os valores ambientais do concello. Este venres 18: Observación de Aves na Senda da Portela (16:00 - 18:00 h) Información e Inscricións: As prazas son limitadas e con reserva na Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños), no 986401713 ou turismo@redondela.gal

  • IV Xuntanza Moteira do Porco ó espeto (2026) en Redondela

    A IV Xuntanza Moteira do Porco ó Espeto en Redondela celebrarase o domingo 27 de setembro de 2026 baixo a ponte de Rande (en Trasmañó). Programación e detalles 11:00 h: Apertura do bar. 12:00 h: Xuntanza moteira do porco ó espeto. 13:00 h: Ruta moteira e pregón a cargo de Paco Ferreira (alcalde de Gondomar, diputado e moteiro). 14:15 h: Xantar popular cun menú de ración de porco ó espeto, patacas, pementos, vaso de viño tinto ou auga, sobremesa e café. 16:00 h: Sorteo e premios para os motoristas participantes, ademáis de xogos.

  • Redondela, roteiros ambientais e culturais

    O Concello de Redondela segue co seu programa mensual de roteiros para dar a coñecer os valores ambientais do concello. Este domingo 27: Ruta "Os Montes de Ventosela" (17:30 - 20:30 h) Información e Inscricións: As prazas son limitadas e con reserva na Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños), no 986401713 ou turismo@redondela.gal