#festa
ÚLTIMO DÍA PARA INSCRIBIRSE!!! Andaina nocturna en Salceda con probas, sustos e encherse a rir!
Nova edición da Andaina nocturna que se celebrará na parroquia de Castro Barreiro en Salceda de Caselas, o sábado 19 de setembro a partir das 20.30 horas. O percorrido será de 8 kilómetros e terá diversas probas físicas, de enxeño e sustos... e o grupo gañador leva un xamón! Punto de partida: Centro Social de Castro Barreiro Prezo de inscrición 6 euros Prazo de inscrición aberto ata o día 14. Inscricións, en grupos de seis a doce persoas, aquí: asociacionnsn@gmail.com
Romería Virxe dos Liñares (2026) en Vigo
O luns 14 de setembro, ás 10.00 horas celebrarase unha misa rezada e ás 12.00 horas, misa solemne en honra á Virxe do Carmen, cantada pola Coral Riomao. A continuación, concerto de xoldas con pandereteiras. Pola noite celebrarase o Rokmería coas actuacións de Cé Orquestra Pantasma, Väionel, Aphonnic, Josetxu Piperrak e A Polémica Banda dos Bechuchos.
