#festa
Romería Virxe dos Liñares (2026) en Vigo
O domingo 13 de setembro, oficiarse unha misa rezada ás 10.30 horas. Ás 10.00 horas fará a súa entrada a Banda Lira de San Miguel de Oia cun percorrido desde a antiga estación de Canido ata a capela. Ás 12.30 horas oficiarse a misa solemne cantada pola Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia en honra á Virxe dos Liñares e ás 13.30 horas dita banda ofrecerá un concerto. Ás 17.30 horas haberá xogos tradicionais en madeira e ás 19.30 horas, actuación da Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia. A verbena estará a cargo da orquestra Saudade e o trío Tic Tac.
III Andaina ‘Valle Inclán’ entre Redondela e Soutomaior
III Andaina Popular Valle Inclán O 13 de setembro chega unha nova edición da Andaina Popular Valle Inclán, unha oportunidade para desfrutar da contorna e compartir unha xornada de deporte e natureza. Saída: ás 9:00 h desde o Pazo da Reboraina (Reboreda) Percorrido: 12 km Duración aproximada: 4 horas (dificultade media) Volta: en autobús desde o Castelo de Soutomaior ata o punto de partida Inscricións do 1 ao 10 de setembro en https://soutomaior.gal/actividades/ Praza limitadas: 160 persoas.Un plan perfecto para percorrer os camiños que unen Soutomaior e Redondela e que forman parte da historia de Valle Inclán.
