#asociacions
Volta ao cole 2026 en Redondela, compra no comercio local e gaña premios e descontos
A Asociación de Empresas de Redondela presenta a campaña Volta ao Cole 2026, pensada para apoiar ás familias nun dos momentos de maior gasto do ano. 🛍️ Un mes de vantaxes, premios e aforro para impulsar as compras en Redondela e Chapela. Durante setembro, cada compra nos comercios adheridos pode converterse nun premio: 📌 Rexistra os teus tickets en 👉 https://participa.empresasredondela.gal/promocion/50 📌 Cada ticket = máis posibilidades de gañar 📌 Sorteo final de 3 Cheques Escolares de 100€ 📌 Premios directos que se activan segundo o volume total de compras 💛 A campaña pivota sobre unha idea clara: mercando na vila, as familias aforran e o comercio local medra. O comercio de proximidade ofrece prezos axustados, atención personalizada e comodidade. Ademais, comprar preto reduce custos de desprazamento, é máis sostible e promove un consumo responsable, fortalecendo a economía que sostén a vida diaria da nosa comunidade. 📣 Durante todo o mes, iremos compartindo en redes sociais a oferta dos comercios locais, recomendacións e novidades para facerche máis doado o inicio do curso. 🔗 Máis información e bases completas da campaña: https://cutt.ly/1yjZMruE Duración da promoción: 1 ao 30 de setembro
XXXIII Revoltallo de Música e Cultura Emerxente en Valadares, Vigo
Nova edición do festival Revoltallo de Música e Cultura Emerxente, que tená lugar desde o 18 ao 20 de setembro na Carballeira do Pedregal de Valadares, en Vigo. Como cada ano o programa incluirá exhibicións, obradoiros e actuacións musicais de artistas e grupos emerxentes e doutros xa consagrados. E a entrada é de balde! Programación do venres 18: 18:00 – Obradoiro– Iniciación ao Chirimbolo de Cana con Manuel Leirós. 19:00 – Setestrelo Teatro – Comedia sen Título. 20:00 – Concertos: Picture Cochambre Demenzia Sozial Krime Eleven
Redondela, roteiros ambientais e culturais
O Concello de Redondela segue co seu programa mensual de roteiros para dar a coñecer os valores ambientais do concello. Este venres 18: Observación de Aves na Senda da Portela (16:00 - 18:00 h) Información e Inscricións: As prazas son limitadas e con reserva na Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños), no 986401713 ou turismo@redondela.gal
Monográficos Teatrais en Soutomaior
Se tes 16 anos ou máis e queres achegarte ao mundo do teatro, en setembro tes unha nova oportunidade para experimentar, crear e descubrir diferentes técnicas escénicas. ✨ Dous monográficos impartidos por Andrea Castro nos que traballaremos a través do xogo e da práctica: Monográfico 1 · 18 de setembro: Improvisación e clown. Monográfico 2 · 25 de setembro: Expresión corporal e mimo. Carballeira de Candán De 17:00 a 20:00 h A partir de 16 anos 15 prazas · actividade de balde Inscricións en liña do 31 de agosto ao 16 de setembro de 2026 en https://soutomaior.gal/actividades/
