#actividades
Festas de Donas (Gondomar)
Aquí tendes o calendario das Festas de Donas (Dulce Nome de Xesús) para o sábado 29 18:00 horas: Procesión do Encontro con saída desde San Cibrán A continuación: Gran tirada de foguetes a cargo de Pirotecnia Santa Cristina 22:00 horas e a orquestra Los Player
Luar na Lubre celebra o seu 40 aniversario en Chandebrito (Nigrán. Concerto inclusivo)
Os amantes da música tradicional teñen unha cita este sábado en Chandebrito -na Carballeira d'As Chans do Rapadouro-. Luar na Lubre, a banda galega máis internacional, ofrecerá un concerto dentro da xira de celebración do seu 40 aniversario. O concerto será gratuíto, ás 21:30 h, e abrirán o evento, a partir das 21:00 h, as Pandereteiras do Sobreiro, formación de mulleres miñorás con máis de 20 anos de traxectoria animando romarías por Galicia adiante. Como é xa costume nas citas musicais do Concello de Nigrán, este será un concerto inclusivo e disporá de mochilas vibratorias para toda aquela persoa sen audición que o solicite previamente – os medios de contacto son o correo info@entresignos.com e o whatsapp 690679675.
