Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Luar na Lubre celebra o seu 40 aniversario en Chandebrito (Nigrán. Concerto inclusivo)

29 agosto· 20:00 - 23:30

Os amantes da música tradicional teñen unha cita este sábado en Chandebrito -na Carballeira d’As Chans do Rapadouro-. Luar na Lubre, a banda galega máis internacional, ofrecerá un concerto dentro da xira de celebración do seu 40 aniversario. O concerto será gratuíto, ás 21:30 h, e abrirán o evento, a partir das 21:00 h, as Pandereteiras do Sobreiro, formación de mulleres miñorás con máis de 20 anos de traxectoria animando romarías por Galicia adiante. Como é xa costume nas citas musicais do Concello de Nigrán, este será un concerto inclusivo e disporá de mochilas vibratorias para toda aquela persoa sen audición que o solicite previamente – os medios de contacto son o correo info@entresignos.com e o whatsapp 690679675.

Detalles

  • Fecha: 29 agosto
  • Hora:
    20:00 - 23:30
  • Categoría del Evento:
  • Etiquetas del Evento: