Todo el día

Volta ao cole 2026 en Redondela, compra no comercio local e gaña premios e descontos

A Asociación de Empresas de Redondela presenta a campaña Volta ao Cole 2026, pensada para apoiar ás familias nun dos momentos de maior gasto do ano. 🛍️ Un mes de vantaxes, premios e aforro para impulsar as compras en Redondela e Chapela. Durante setembro, cada compra nos comercios adheridos pode converterse nun premio: 📌 Rexistra os teus tickets en 👉 https://participa.empresasredondela.gal/promocion/50 📌 Cada ticket = máis posibilidades de gañar 📌 Sorteo final de 3 Cheques Escolares de 100€ 📌 Premios directos que se activan segundo o volume total de compras 💛 A campaña pivota sobre unha idea clara: mercando na vila, as familias aforran e o comercio local medra. O comercio de proximidade ofrece prezos axustados, atención personalizada e comodidade. Ademais, comprar preto reduce custos de desprazamento, é máis sostible e promove un consumo responsable, fortalecendo a economía que sostén a vida diaria da nosa comunidade. 📣 Durante todo o mes, iremos compartindo en redes sociais a oferta dos comercios locais, recomendacións e novidades para facerche máis doado o inicio do curso. 🔗 Máis información e bases completas da campaña: https://cutt.ly/1yjZMruE Duración da promoción: 1 ao 30 de setembro

Virxe da Merced de Chaín (2026) en Gondomar

Xoves 24 de setembro, neste día comezará na parroquia de Chaín, do municipio de Gondomar, a festa en honra á Virxe da Merced coa celebración, ás 12:00 horas coa celebración da misa solemne, que estará cantada pola Coral Polifónica "A Merced" de Chaín. A continuación terá lugar a tradicional procesión, que concluirá co concerto da Banda Unión Musical Val Miñor.Pola noite, a música arrancará ás 22:00 horas coa actuación da orquestra Suavecito, seguida ás 00:45 horas pola animación da discomóbil La Pachanguita.

O Gran Circo Inimitable

O Gran Circo Inimitable presenta o Tributo K-Pop con acrobacias, motos, patinaxe, humor e música ao vivo. O show poderase gozar do 24 ao 27 de Setembro no concello de Salceda de Caselas. Horarios: