Todo el día

Volta ao cole 2026 en Redondela, compra no comercio local e gaña premios e descontos

A Asociación de Empresas de Redondela presenta a campaña Volta ao Cole 2026, pensada para apoiar ás familias nun dos momentos de maior gasto do ano. 🛍️ Un mes de vantaxes, premios e aforro para impulsar as compras en Redondela e Chapela. Durante setembro, cada compra nos comercios adheridos pode converterse nun premio: 📌 Rexistra os teus tickets en 👉 https://participa.empresasredondela.gal/promocion/50 📌 Cada ticket = máis posibilidades de gañar 📌 Sorteo final de 3 Cheques Escolares de 100€ 📌 Premios directos que se activan segundo o volume total de compras 💛 A campaña pivota sobre unha idea clara: mercando na vila, as familias aforran e o comercio local medra. O comercio de proximidade ofrece prezos axustados, atención personalizada e comodidade. Ademais, comprar preto reduce custos de desprazamento, é máis sostible e promove un consumo responsable, fortalecendo a economía que sostén a vida diaria da nosa comunidade. 📣 Durante todo o mes, iremos compartindo en redes sociais a oferta dos comercios locais, recomendacións e novidades para facerche máis doado o inicio do curso. 🔗 Máis información e bases completas da campaña: https://cutt.ly/1yjZMruE Duración da promoción: 1 ao 30 de setembro

XXXIII Revoltallo de Música e Cultura Emerxente en Valadares, Vigo

Nova edición do festival Revoltallo de Música e Cultura Emerxente, que tená lugar desde o 18 ao 20 de setembro na Carballeira do Pedregal de Valadares, en Vigo. Como cada ano o programa incluirá exhibicións, obradoiros e actuacións musicais de artistas e grupos emerxentes e doutros xa consagrados. E a entrada é de balde! Programación do sábado 19 de setembro 12:00 – Obradoiro– Construción de Pandeiro Vegano. 13:00 – Plug&Play – Vermú Jam Session. 16:00 – Taller – Afinación e Quintaxe de Guitarra e Baixo con Jesús Rgz Cid. 17:00 – A Maxia de Golden Magic. 18:30 – Atípicocirco – Espazo de Xogos de Circo. 20:00 – Concertos: Stoned at Pompeii 4 Notas Can do Urko Txavalada  

Baixada de Carros de Bólas

O sábado 19 de setembro, terá lugar no barrio do Freixo en Vigo, unha nova edición da Baixada de Carros de Bólas, que un ano máis contará coa participación de numerosos equipos. O evento contará coas categorías individual e colectiva. As verificacións técnicas e administrativas terán lugar de 15.00 a 16.00 horas. A continuación serán os adestramentos, que darán paso á primeira das dúas baixadas oficiais. Finalizada a carreira realizarase a entrega de premios, onde se premiará a orixinalidade, espectacularidade, velocidade, etc. O prezo da inscrición será de 15 euros.

Alfacuca Pícnic, vístete do rural!, en Mos

A Aldea Alfacuca, en Mos, acolle a celebración deste festival para toda a familia o sábado 19 de setembro de 11.00 a 21.00 horas, baixo el lema Vístete do rural! Programa -11:00 h; Andaina Monte de Louredo Obradoiros (Facendo Pan, A Leitería, Reciclaxe: Creación de maceteiros e máscaras). -12:00 h; Iniciación á observación de aves e obradoiros (Facendo Pan, A Leitería, Reciclaxe: Comedeiros de paxaros) e Storytime! (obradoiro de contacontos en inglés a cargo de Kids&Us) -13:00 h; Charla Alfacuca: Obxectivo 2030 "O Corazón dun Mos sostible" -13:30 h; Concerto Sesión Vermú con King Kids -14:30 h a 16:00 h; Pícnic colectivo e música do grupo de gaitas C.C. Herville -15:30 h; Obradoiro: Cabaliños con material de refugallo -16:15 h; Obradoiros: Facendo Pan, Cabaliños con material de refugallo, Títeres con reciclaxe, A Leitería -17:00 h; Obradoiros: Ruta Invasor arte, Facendo Pan, A Leitería, Títeres con reciclaxe -17:30 h; Pasarrúas co xigante "Barriga Verde" -18:00 h; Mago Marco -19:00 h; Espectáculo de títeres "Barriga Verde" -20:00 h Concerto de The Blow Up´s

XVIII Rally de Clásicos Ciudade de Vigo (2026)

O vindeiro sábado 19 de setembro celebrarase en Vigo a décimo sétima edición do Rally Cidade de Vigo de Clásicos, organizado pola Escudería Vigo Clásicos, memorial Manuel Sanjurjo. A partir das 9.30 horas darán inicio as verificacións e a concentración. Ás 11.30 horas terá lugar a saída, desde o aparcadoiro superior do Centro Comercial Gran Vía de Vigo, do primeiro participante da primeira sección. Ás 14.00 horas celebrarase a comida no Hotel Candor da Lamae ás 20.00 horas estímase a chegada dos participantes a Redondela, lugar onde ás 21.00 horas os participantes e acompañantes poderán gozar dunha cea na Finca Tabata. O custo do rally será: Socios escudería: 220€ rally (2 persoas) e ruta 210€ (2 persoas) Non socios: 240€ rally (2 persoas) e ruta 230€ (2 persoas) Acompañante adicional á cea: 55€

Festas de A Fraga de Vincios (2026) en Gondomar

O sábado 19 de setembro Ás 17.00 horas dará comezo o percorrido polo pobo e a actuación da citada charanga. Ás 19.00 horas terá lugar a actuación dos grupos Pandereteiras Froleada, Baile Flores do Galiñeiro e Gaitas Aires de Santes. Ás 22.00 horas, gran verbena a cargo da orquestra Marbella e o trío Rever.

Andaina nocturna en Salceda con probas, sustos e encherse a rir!

Nova edición da Andaina nocturna que se celebrará na parroquia de Castro Barreiro en Salceda de Caselas, o sábado 19 de setembro a partir das 20.30 horas. O percorrido será de 8 kilómetros e terá diversas probas físicas, de enxeño e sustos... e o grupo gañador leva un xamón! Punto de partida: Centro Social de Castro Barreiro Prezo de inscrición 6 euros Prazo de inscrición aberto ata o día 14. Inscricións, en grupos de seis a doce persoas, aquí: asociacionnsn@gmail.com