Todo el día

Volta ao cole 2026 en Redondela, compra no comercio local e gaña premios e descontos

A Asociación de Empresas de Redondela presenta a campaña Volta ao Cole 2026, pensada para apoiar ás familias nun dos momentos de maior gasto do ano. 🛍️ Un mes de vantaxes, premios e aforro para impulsar as compras en Redondela e Chapela. Durante setembro, cada compra nos comercios adheridos pode converterse nun premio: 📌 Rexistra os teus tickets en 👉 https://participa.empresasredondela.gal/promocion/50 📌 Cada ticket = máis posibilidades de gañar 📌 Sorteo final de 3 Cheques Escolares de 100€ 📌 Premios directos que se activan segundo o volume total de compras 💛 A campaña pivota sobre unha idea clara: mercando na vila, as familias aforran e o comercio local medra. O comercio de proximidade ofrece prezos axustados, atención personalizada e comodidade. Ademais, comprar preto reduce custos de desprazamento, é máis sostible e promove un consumo responsable, fortalecendo a economía que sostén a vida diaria da nosa comunidade. 📣 Durante todo o mes, iremos compartindo en redes sociais a oferta dos comercios locais, recomendacións e novidades para facerche máis doado o inicio do curso. 🔗 Máis información e bases completas da campaña: https://cutt.ly/1yjZMruE Duración da promoción: 1 ao 30 de setembro

XXXIII Revoltallo de Música e Cultura Emerxente en Valadares, Vigo

Nova edición do festival Revoltallo de Música e Cultura Emerxente, que tená lugar desde o 18 ao 20 de setembro na Carballeira do Pedregal de Valadares, en Vigo. Como cada ano o programa incluirá exhibicións, obradoiros e actuacións musicais de artistas e grupos emerxentes e doutros xa consagrados. E a entrada é de balde! Programación do sábado 19 de setembro 12:00 – Obradoiro– Construción de Pandeiro Vegano. 13:00 – Plug&Play – Vermú Jam Session. 16:00 – Taller – Afinación e Quintaxe de Guitarra e Baixo con Jesús Rgz Cid. 17:00 – A Maxia de Golden Magic. 18:30 – Atípicocirco – Espazo de Xogos de Circo. 20:00 – Concertos: Stoned at Pompeii 4 Notas Can do Urko Txavalada  

Andaina nocturna en Salceda con probas, sustos e encherse a rir!

Nova edición da Andaina nocturna que se celebrará na parroquia de Castro Barreiro en Salceda de Caselas, o sábado 19 de setembro a partir das 20.30 horas. O percorrido será de 8 kilómetros e terá diversas probas físicas, de enxeño e sustos... e o grupo gañador leva un xamón! Punto de partida: Centro Social de Castro Barreiro Prezo de inscrición 6 euros Prazo de inscrición aberto ata o día 14. Inscricións, en grupos de seis a doce persoas, aquí: asociacionnsn@gmail.com