Todo el día

Volta ao cole 2026 en Redondela, compra no comercio local e gaña premios e descontos

A Asociación de Empresas de Redondela presenta a campaña Volta ao Cole 2026, pensada para apoiar ás familias nun dos momentos de maior gasto do ano. 🛍️ Un mes de vantaxes, premios e aforro para impulsar as compras en Redondela e Chapela. Durante setembro, cada compra nos comercios adheridos pode converterse nun premio: 📌 Rexistra os teus tickets en 👉 https://participa.empresasredondela.gal/promocion/50 📌 Cada ticket = máis posibilidades de gañar 📌 Sorteo final de 3 Cheques Escolares de 100€ 📌 Premios directos que se activan segundo o volume total de compras 💛 A campaña pivota sobre unha idea clara: mercando na vila, as familias aforran e o comercio local medra. O comercio de proximidade ofrece prezos axustados, atención personalizada e comodidade. Ademais, comprar preto reduce custos de desprazamento, é máis sostible e promove un consumo responsable, fortalecendo a economía que sostén a vida diaria da nosa comunidade. 📣 Durante todo o mes, iremos compartindo en redes sociais a oferta dos comercios locais, recomendacións e novidades para facerche máis doado o inicio do curso. 🔗 Máis información e bases completas da campaña: https://cutt.ly/1yjZMruE Duración da promoción: 1 ao 30 de setembro

Furancheira de Soutelo, en Salceda

      O venres 11 e sábado 12 de setembro celebrarase na parroquia de Soutelo, no municipio de Salceda de Caselas, a nova edición da festa furancheira. Como na edición anterior, que se celebrou no mes de maio, los presentes poderán degustar boas tapas acompañadas de viños do país tintos e brancos. O evento estará amenizado polo grupo Fume de Carozo.

Salceda de Caselas, Festa dos callos

A semana que vén Salceda de Caselas celebrará a XXXI Festa dos Callos en honor a este prato típico. Nesta edición a programación estenderas entre o 3 e o 12 de setembro. Aquí tedes o programa: XOVES 3 DE SETEMBRO 18.00h. O Festivaliño. Parque Raíña Aragonta 22.00h. ‘Cine na Rúa’. Buffalo Kids. Parque Raíña Aragonta VENRES 4 DE SETEMBRO 20.30h. Sue Moreno – 5.0. Parque Raíña Aragonta 22.00h. XVIII Serán dos Callos. Praza do Concello SÁBADO 5 DE SETEMBRO V Festival de Charangas 17.30h. Pasabares 22.00h. Actuacións na Praza do Concello DOMINGO 6 DE SEPTIEMBRE 09.30h. Apertura de taquillas e comezo do despacho de callos 11.30h. Animación coa Charanga Costamekrelos, Charanga SGHAE e Animar-T 13.00h. Lectura do pregón a cargo de Federico Pérez Rey 16.00h. Actividades infantís con Animar-T 20.00h. Monólogo de Federico Pérez Rey no Auditorio Municipal (5 euros) SÁBADO 12 DE SETEMBRO 22.30h. Concerto. A Banda da Loba. Praza do Concello

XIX Teis Fest, Festa Veciñal en Teis, Vigo

A festa celebrarase no barrio vigués de Teis, concretamente na Praza da ETEA, o sábado 12 de setembro. Programa: 12.30 horas, actuación da Banda de Música UVCD Candeán 14.30 horas, xantar veciñal (inscrición previa no local da A.VV. de Teis) 17.00 horas, actuación da charanga Esmorga 18.00 horas, exhibición de Zumba 18.30 horas, festa da espuma e xogos populares 20.00 horas, o grupo folk Os Carunchos animará a festa

XIII Festa Popular en Chapela

Froles Mareliñas organizará un ano máis a Festa Popular onde todos os participantes desfrutarán dunha xornada chea de música, podendo, ademáis, degustar un xantar. A festa terá lugar no barrio redondelán de Chapela (Senda Verde) o 12 de setembro e dará inicio ás 14.00 horas co xantar a base de mexillóns, callos e pan (prezo; 13€). Tamén haberá pizza, empanadillas, bocadillos de tortilla e chouripán. Ás 17.30 horas comezarán as actuacións musicais de: Trubisqueira, PanBreteiras de Froles Mareliñas, grupo de baile Anaquiños, Choran ás Pedras, grupo folk Cidadelle e grupo de gaitas Froles Mareliñas. Ás 21.00 horas a festa proseguirá co concerto de Pelepau. E para acabar a festa, gran foliada aberta.

La Triple Corona Illas Atlánticas (2026) en Vigo

O sábado 12 de setembro terá lugar entre as Illas Cíes e Baiona a proba de natación da Triple Coroa Illas Atlánticas. A proba do citado sábado dará comezo na praia de Rodas (Illas Cíes - Vigo) e culminará na praia de Ribeira de Baiona. Os participantes farán un percorrido de 15 quilómetros e a súa saída efectuarase dependendo do grupo ao que pertenzan: Grupo E ás 08.40 horas Grupo D ás 09.15 horas Grupo C ás 09.40 horas Grupo B ás 10.00 horas Grupo A ás 10.20 horas A hora de saída do barco desde a Estación Marítima de Baiona rumbo á illa será ás 07.30 horas. Ás 18.30 horas terá lugar unha visita guiada ao centro histórico de Baiona e á carabela Pinta. A entrega de distincións aos nadadores que logren finalizar a proba terá lugar no transcurso da cea en Baiona, con sorteo de agasallos, a partir das 20.30 horas.

Romería Virxe dos Liñares (2026) en Vigo

    O sábado 12 de setembro, o primeiro día de festa no lugar de Canido, parroquia de San Miguel de Oia pertencente ao municipio de Vigo, dará comezo ás 10.30 horas con pasacais de gaiteiros. Ás 11.30 horas celebrarase o concerto da Banda Escola Lira de San Miguel de Oia e ás 13.00 horas, sesión vermú coa actuación de Los Támega. Ás 18.00 horas terá lugar a baixada do Santo San Miguel, desde a igrexa parroquial ata a ermida dos Liñares, e ás 20.00 horas la Banda Unión Musical de Coruxo ofrecerá un concerto. Pola noite a verbena estará amenizada polo grupo Nueva Fuerza e un Dj.

En marcha

Festas de Candeán 2026

Candeán se prepara para vivir del 11 al 15 de septiembre sus fiestas patronales, organizadas por la Hermandad de Fiestas Patronales de Candeán 2026 y con la colaboración del Concello de Vigo. La celebración combina la vertiente religiosa en honor al Dulce Nombre de María y la Virgen de las Dolores con una intensa programación de verbenas, música tradicional y actividades para todos los públicos, entre las que se incluye la ya consolidada Foliada dos Pexegos. Programa completo de la fiesta Viernes 11 de septiembre 22:00 h — Verbena con La Banda de Ayer y Orquesta Olimpus. Sábado 12 de septiembre 12:00 h — IV Foliada dos Pexegos. 22:00 h — Verbena con Grupo Ritmo y Discoteca Móvil CDC. Medianoche — Gran tirada de fuegos de lucería. Domingo 13 de septiembre 11:00 h — Bajada de los santos en procesión, con la Banda de Música de la U.V.C.D. de Candeán. 11:30 h — Actuación de la Banda de Música de la U.V.C.D. de Candeán. 12:30 h — Misa mayor de campaña, con pujas tradicionales. 17:00 h — Animación infantil a cargo de Fitciones Fitness y Animaciones. Lunes 14 de septiembre 11:30 h — Actuación de la Banda do Frebe. 12:30 h — Misa en honor a la Virgen de las Dolores. Martes 15 de septiembre 19:00 h — Misa por todos los socios fallecidos. Información completa sobre la celebración de las Fiestas de Candeán 2026 Lugar: Candeán, Vigo. Fecha y hora: del viernes 11 al martes 15 de septiembre de 2026. Entradas: todos los asistentes podrán disfrutar del evento y su programación de forma totalmente libre y gratuita.

Andaina zombi por Vigo adiante

O Galician Freaky Film Festival quenta motores cunha nova edición desta andaina zombie pola urbe olívica. Os participantes, caracterizados e caracterizados para o momento, camiñarán como mortos viventes, demostrando a súa paixón por este xénero cinematográfico. A Zombie Walk terá lugar o sábado 12 de setembro e será de participación gratuíta, aínda que tamén terá un carácter solidario pois haberá unha recollida de alimentos no MARCO. Tamén no mesmo punto e desde as 17.00 horas estará instalado un posto de maquillaxe para as correspondentes caracterizacións. A andaina arrancará ás 20.00 horas e será un percorrido de 800 metros desde o MARCO ata a Porta do Sol. Finalizado o percorrido, ás 21.30 horas, dará inicio a Pasarela Zombie, onde un xurado escollerá ao gañador desta singular pasarela terrorífica.

Redondela, roteiros ambientais e culturais

O Concello de Redondela segue co seu programa mensual de roteiros para dar a coñecer os valores ambientais do concello. Este sábado 12 temos o Paseo nocturno "A Punta de Cesantes" (20:30 - 23:00 h) Información e Inscricións: As prazas son limitadas e con reserva na Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños), no 986401713 ou turismo@redondela.gal