Volta ao cole 2026 en Redondela, compra no comercio local e gaña premios e descontos
A Asociación de Empresas de Redondela presenta a campaña Volta ao Cole 2026, pensada para apoiar ás familias nun dos momentos de maior gasto do ano. 🛍️ Un mes de vantaxes, premios e aforro para impulsar as compras en Redondela e Chapela. Durante setembro, cada compra nos comercios adheridos pode converterse nun premio: 📌 Rexistra os teus tickets en 👉 https://participa.empresasredondela.gal/promocion/50 📌 Cada ticket = máis posibilidades de gañar 📌 Sorteo final de 3 Cheques Escolares de 100€ 📌 Premios directos que se activan segundo o volume total de compras 💛 A campaña pivota sobre unha idea clara: mercando na vila, as familias aforran e o comercio local medra. O comercio de proximidade ofrece prezos axustados, atención personalizada e comodidade. Ademais, comprar preto reduce custos de desprazamento, é máis sostible e promove un consumo responsable, fortalecendo a economía que sostén a vida diaria da nosa comunidade. 📣 Durante todo o mes, iremos compartindo en redes sociais a oferta dos comercios locais, recomendacións e novidades para facerche máis doado o inicio do curso. 🔗 Máis información e bases completas da campaña: https://cutt.ly/1yjZMruE Duración da promoción: 1 ao 30 de setembro
Salceda de Caselas, Festa dos callos
A semana que vén Salceda de Caselas celebrará a XXXI Festa dos Callos en honor a este prato típico. Nesta edición a programación estenderas entre o 3 e o 12 de setembro. Aquí tedes o programa: XOVES 3 DE SETEMBRO 18.00h. O Festivaliño. Parque Raíña Aragonta 22.00h. ‘Cine na Rúa’. Buffalo Kids. Parque Raíña Aragonta VENRES 4 DE SETEMBRO 20.30h. Sue Moreno – 5.0. Parque Raíña Aragonta 22.00h. XVIII Serán dos Callos. Praza do Concello SÁBADO 5 DE SETEMBRO V Festival de Charangas 17.30h. Pasabares 22.00h. Actuacións na Praza do Concello DOMINGO 6 DE SEPTIEMBRE 09.30h. Apertura de taquillas e comezo do despacho de callos 11.30h. Animación coa Charanga Costamekrelos, Charanga SGHAE e Animar-T 13.00h. Lectura do pregón a cargo de Federico Pérez Rey 16.00h. Actividades infantís con Animar-T 20.00h. Monólogo de Federico Pérez Rey no Auditorio Municipal (5 euros) SÁBADO 12 DE SETEMBRO 22.30h. Concerto. A Banda da Loba. Praza do Concello
Voluntariado Festa dos callos de Salceda de Caselas
📢 Participa no voluntariado da XXXII FESTA DOS CALLOS! 🍲✨ O vindeiro 6 de setembro de 2026 celébrase un dos días máis grandes de Salceda de Caselas, e queremos contar contigo para facelo posible. Se tes ganas de colaborar, vivir a festa dende dentro e botar unha man no equipo de organización, únete ao voluntariado! 🙌🤝 📲 Como podes inscribirte ou pedir máis información? ✉️ Correo electrónico: concelleriavoluntariado@salcedadecaselas.gal 📞 Teléfono: 601 609 031
