
AXUDAS PARA PROGRAMAS DE CARÁCTER SOCIAL DIRIXIDOS Á XUVENTUDE E AO VOLUNTARIADO
Se a túa entidade pertence ao terceiro sector e entre os teus programas están os dirixidos á xuventude e ao voluntariado, estas axudas poden interesarche.

Se a túa entidade pertence ao terceiro sector e entre os teus programas están os dirixidos á xuventude e ao voluntariado, estas axudas poden interesarche.

Tes unha organización sen ánimo de lucro e queres poñer en valor o noso patrimonio marítimo-fluvial? Esta é a túa oportunidade! Abrimos a convocatoria de subvencións para apoiar proxectos que recuperen e promocionen os bens históricos da nosa costa e ríos, converténdoos en recursos para actividades socioculturais. Non deixedes pasar esta ocasión: inscríbevos e axudade a que a nosa memoria marítima-fluvial siga viva!

As subvencións 2026 xa están abertas ata o 17 de outubro! Se es unha entidade de acción voluntaria ou unha entidade local, tes a oportunidade de impulsar proxectos de voluntariado interxeracional no rural. Iniciativas que conectan xeracións, valorizan a experiencia das persoas maiores e abren camiño ás máis novas para crear futuro no noso territorio.

O Concello de Vigo lanza subvencións ata o 20 de setembro para asociacións veciñais, culturais e sociais sen ánimo de lucro. Apoio económico de ata o 100% para actos sociais, encontros veciñais, xogos populares, publicacións e alugueiro de locais. Máis información aquí!

Ata o 15 de outubro Xunta de Galicia abre a convocatoria de subvencións para entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos de prevención das condutas aditivas. Unha oportunidade para reforzar programas sociosanitarios que xeren impacto real e melloren o benestar da cidadanía.

Se a túa agrupación musical quere soar mellor ca nunca, esta é a túa ocasión Xa están abertas, ata o 9 de outubro, as axudas para adquirir ou reparar instrumentos e vestiario, un impulso directo á creatividade, á calidade musical e á vida cultural da provincia de Pontevedra.