MAIV

MAIV

RECONQUISTA VIGO 2025

Vigo viste de historia! 🔥⚔️
Do 22 ao 30 de marzo, o Casco Vello transfórmase para revivir a expulsión das tropas napoleónicas en 1809. Goza dun ambiente único con mercados de época, desfiles, teatro de rúa e grandes recreacións históricas.
Vive a Reconquista de Vigo 2025 coma se estiveses no século XIX! 🎭

SUBVENCIÓNS ÁS CONFRADÍAS DE PESCADORAS E PESCADORES, FEDERACIÓN DE CONFRARÍAS E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Ata o 10 de abril, a Deputación de Pontevedra lanza unha nova liña de subvencións para apoiar ás confrarías de pescadoras e pescadores, á Federación de Confrarías e ás agrupacións de mariscadoras. Se precisas axuda para investimentos ou gastos correntes, consulta as bases e non perdas esta oportunidade!

OBRADOIRO DE AUTOESTIMA

Queres traballar a túa autoestima nun espazo seguro e solidario? Dende a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo ponse en marcha o primeiro Obradoiro de Autoestima deste ano. Un espazo para coñecernos, reforzar a nosa confianza e compartir en grupo.

PROGRAMA “+CONVIVENCIA” E CONVOCATORIA DE 2025

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa '+Convivencia' 2025, unha iniciativa que busca promover a participación social e o goce do patrimonio local a través de actividades socioculturais dirixidas a diversos colectivos da provincia. Descubre como a túa asociación pode beneficiarse desta oportunidade única!