AXUDAS PARA A ORGANIZACIÓN DE FESTIVAIS OU CERTAMES MUSICAIS E TEATRAIS DE PRESTIXIO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Se tes pensado organizar un festival musical ou de artes escénicas xa podes solicitar a subvención da Deputación de Pontevedra para levalo a cabo.
Obxecto

Axudas para a organización de festivais ou certames musicais e teatrais de prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra, que lles dediquen especial atención á programación e á difusión da música e do teatro galegos, ademais doutras variantes artísticas, e que se levasen a cabo como mínimo en tres edicións consecutivas nos últimos catro anos.

Entidades beneficiarias

Poderán solicitar estas subvencións as asociacións que reúnan os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro.
  • Ter o domicilio fiscal na provincia de Pontevedra.
  • Estar inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.
  • Desenvolver a actividade principal no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas.
  • Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) e coa Deputación de Pontevedra.
Requisitos das accións subvencionables

Establécense dúas modalidades de actuación dentro desta convocatoria:

A. Para a modalidade de festivais musicais, estes deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. Levarse a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
  1. Ter unha duración mínima de dúas xornadas e un mínimo de oito grupos.
  1. Contar coa participación dun mínimo de catro grupos galegos que interpreten obras en galego ou de autoría galega.
  1. Levar un mínimo de catro edicións consecutivas antes da convocatoria destas bases, coa excepcionalidade do ano 2020, polas circunstancias ocasionadas pola COVID-19.
  1. Incluír na programación actividades paralelas de posta en valor do sector musical galego ou de formación musical.
  1. Empregar a lingua galega na comunicación nos diferentes soportes e no desenvolvemento das actividades paralelas, sen prexuízo do uso doutras linguas oficiais.

B. Para a modalidade de festivais de artes escénicas:

  1. Levarse a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
  1. Ter unha duración mínima de dúas xornadas e un mínimo de oito compañías.
  1. Contar coa participación dun mínimo de catro compañías galegas ou que poñan en escena obras de autoría galega e empregar a lingua galega nas súas representacións.
  1. Levar un mínimo de catro edicións consecutivas antes da convocatoria destas bases, coa excepcionalidade do ano 2020, polas circunstancias ocasionadas pola COVID-19.
  1. Incluír na programación actividades paralelas de posta en valor do sector teatral galego ou de formación.
  1. Empregar a lingua galega na comunicación nos diferentes soportes, sen prexuízo do uso doutras linguas oficiais.
Gastos subvencionables
  1. Infraestruturas e espazos para as actuacións.
  2. Contratación de servizos técnicos e profesionais.
  3. Xestión de concertos e espectáculos.
  4. Edición de publicacións.
  5. Comunicación e prensa
  6. Gastos de publicidade e difusión
  7. Cachés de grupos, artistas e compañías.
  8. Gastos de implantación de medidas de seguridade hixiénico-sanitarias e laborais.

Todos os gastos subvencionables deberán pagarse antes de finalizar o prazo de xustificación. En ningún caso se admitirán gastos cuxos prezos sexan superiores aos do valor do mercado.

Contía

Quedan excluídas desta convocatoria e, polo tanto, non serán obxecto de subvención as actividades subvencionadas no mesmo exercicio a través doutras convocatorias de subvencións ou plans provinciais da Deputación, coma festivais e certames organizados por bandas de música, asociacións e grupos folclóricos, rondallas, agrupacións e masas corais.

A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024. Estas convócanse con cargo á aplicación 24/330.3340.489.05 do Orzamento da Deputación para o ano 2024 por un importe total de cento sesenta e cinco mil (165.000,00) euros.

A axuda para apoiar o desenvolvemento e a organización de festivais e certames de artes escénicas e musicais na provincia de Pontevedra non poderá superar o 75 % do orzamento presentado para a súa realización.

Non serán subvencionables
  • Os gastos ordinarios de funcionamento e mantemento da entidade e funcionamento ordinario da promotora ou promotor, tales coma alugueiros de locais, gastos financeiros, licenzas, impostos, asesoría legal ou consumos ordinarios (electricidade, gas, auga), entre outros.
  • Os gastos de soldos, salarios ou calquera outro tipo de retribución ou remuneración, seguros sociais ou retencións de impostos da promotora ou promotor, se é persoa física, ou das persoas pertencentes á entidade promotora do festival.
  • O investimento ou a adquisición de material ou equipos que supoñan un incremento do patrimonio de quen o solicitase.
  • Os gastos protocolarios de festas, cócteles, degustacións gastronómicas ou outros eventos similares.
  • Os gastos excluídos no artigo 23 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra.
Criterios de valoración

  A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva; para a adxudicación teranse en conta os seguintes criterios.

E valoraranse os resultados da edición anterior xunto coa valoración deste ano 2024.

Prazo de presentación de solicitudes

  O prazo de presentación de solicitudes comezará o 25 de abril de 2024 e rematará o 24 de maio de 2024.

Máis información

  Consulta as Bases de subvencións dirixidas as entidades sen fins de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais musicais e de artes escénicas na provincia de Pontevedra no ano 2024.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono: 986 42 33 66.

  O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *