PROGRAMAS DE EMPREGO PARA PERSOAS MOZAS-2023/2024. OBRADOIROS DE EMPREGO

Se és unha persoa inscrita no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e estás interesada en participar nun destes programas, non dubides en consultar directamente á entidade promotora ou á túa oficina de emprego. A selección do alumnado, así como a do persoal directivo, docente e administrativo de apoio participante en cada programa de emprego será realizada pola entidade promotora.

Podes atopar información no seguinte enlace: emprego.xunta.gal

Os obradoiros de emprego son programas públicos destinados á mellora da empregabilidade das persoas desempregadas, alternando a formación para o emprego con práctica laboral.

Esta etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de 12 meses.

Nos contratos para a formación en alternancia que a entidade promotora subscriba co alumnado participante nos programas de emprego, a Xunta de Galicia subvencionará o 100 % do salario mínimo interprofesional, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Así mesmo, tamén subvencionará a totalidade das cotas por conta da persoa empregadora correspondentes á seguridade social, fondo de garantía salarial e desemprego previstas para os ditos contratos na súa normativa específica.

Requisitos para participar

  • Ter dezaoito ou máis anos de idade.
  • Estar inscrito/a e en situación de persoas beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e ademais deberán manter o cumprimento dos requisitos para ser considerada persoa beneficiaria con carácter previo a participar nun programa dual de emprego.
  • Poder realizar un contrato para a formación, co obxecto de estar vinculado ao programa mediante un contrato de tales características.
  • No caso de que a formación vaia dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, deben cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os ditos certificados (formación académica ou no seu defecto as competencias clave que correspondan).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *