PRGS. CARÁCTER SOCIAL

Se formas parte dunha entidade do terceiro sector que realizan programas de interese xeral con fins sociais, estas axudas da Xunta interésanche!!
Obxecto

Convocatoria, para o ano 2024, das axudas dirixidas  para a realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

Entidades beneficiarias e requisitos

Entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan os requisitos.

Liñas de actuación do programa
Contía dos programas e accións subvencionables

1. As subvencións destinaranse a programas de interese xeral que teñan fins de carácter social.

Os programas desenvolveranse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2025, sendo a data límite de presentación da documentación xustificativa o 16 de marzo de 2026.

2. O orzamento mínimo de cada programa será de 5.000 €. O número máximo de programas para os que se poderá obter subvención por parte dunha mesma entidade ou agrupación, así como a contía máxima da subvención que se concederá para cada uns dos programas e proxectos presentados dentro de cada unha das liñas de actuación, será o seguinte:

LIÑAPROGRAMAS: actuaciónsENTIDADEÁMBITO XEOGRÁFICONº PROGRAMAS A PRESENTARCONTÍA MÁXIMA
LIÑA IFamilia, infancia e dinamización demográfica
Entidades e asociacións Local ou provincialMáximo 2 programasCada programa 60.000€
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociaciónsAutonómicoMáximo 5 programaCada programa 130.000€
LIÑA IIInclusión social
Cubrir necesidades básicasEntidades e asociaciónsLocal ou provincialMáximo 1 programaCada programa 60.000€
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociaciónAutonómicoMáximo 1 programaCada programa 400.000€
Persoas sen fogarEntidades e asociaciónsLocal ou provincialMáximo 1 programaCada programa 200.000€
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociacións AutonómicoMáximo 2 programasCada programa 200.000€
Persoas en situación ou risco de exclusión socialEntidades e asociaciónsLocal ou provincialMáximo 2 programasCada programa 50.000€
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociacións AutonómicoMáximo 4 programasCada programa 200.000€
LIÑA IIIPromoción da autonomía persoal e apoio de persoas con discapacidade.
Entidades e asociaciónsLocal ou provincialMáximo 2 programasCada programa 40.000€
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociacións AutonómicoMáximo 8 programasCada programa 300.000€
LIÑA IVInvestimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a perosoas con discapacidade
Entidades e asociaciónsLocal ou provincialMáximo 1 programaCada programa 50.000€
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociacións AutonómicoPoderán presentar un número máximo de proxectos de investimento equivalente ao 50 % do número de entidades que as integrenCada programa 150.000€
LIÑA VInvestimento e adecuación de centros  e unidades de atención destinados a persoas en situación ou risco de exclusión social
Entidades e asociaciónsLocal ou provincialMáximo 1 programaCada programa 40.000€
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociaciónsAutonómicoMáximo 2 programasCada programa 60.000€
LIÑA VIActuacións de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero
Entidades e asociaciónsLocal ou provincialMáximo 1 programaCada programa 75.000€
LIÑA VIIActuacións de promoción da autonomía persoal de apoio a persoas maiores e a persoas dependentes
Entidades e asociaciónsLocal ou provincialMáximo 2 programasCada programa 40.000€
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociaciónsAutonómicoMáximo 8 programasCada programa 300.000€
LIÑA VIIIInvestimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas dependentes
Entidades e asociaciónsLocal ou provincialMáximo 1 programaCada programa 50.000€
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociaciónsAutonómicoPoderán presentar un número máximo de proxectos de investimento equivalente ao 50 % do número de entidades que as integrenCada programa 150.000€
LIÑA IXInvestimento e adecuación de centros destinados á infancia do sistema de protección e reforma xuvenil
Entidades e asociaciónsLocal ou provincialMáximo 1 programaCada programa 30.000€
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociaciónsAutonómicoMáximo 2 programasCada programa 30.000€
*ámbito autonómico cando as entidades, declaren que xestionou e executou programas sociais similares aos definidos no ámbito das catro provincias galegas, durante un prazo mínimo de 2 anos.As federacións, confederacións, agrupacións ou entidades só poderán concorrer a unha das liñas que financian proxectos de investimento das liñas IV, V, VIII e IX.
Gastos subvencionables

Consideraranse como gastos subvencionables os que conten coas seguintes características:

  1. Que respondan á natureza da actividade subvencionada ao abeiro do correspondente programa e resulten estritamente necesarios.
  2.  Que se efectúen durante o ano 2025 e sexan efectivamente pagados con anterioridade á finalización do prazo de xustificación establecido no artigo 23.4, agás os impostos imputables á dita actividade devindicados con posterioridade á súa finalización e os gastos relacionados cos honorarios derivados da xustificación baixo a modalidade de conta xustificativa con achega de informe de auditoría recollida no artigo 23.4.
  3. Que teñan a seguinte natureza:
    1. Gastos do persoal da entidade.
    2. Gastos do persoal contratado en réxime de arrendamento de servizos.
    3. Axudas de custo e gastos de viaxe.
    4. Gastos de xestión e administración directamente relacionados co funcionamento habitual da entidade solicitante.
    5. Gastos derivados de auditorías externas sobre a xestión do/dos programa/s por parte da entidade.
    6. Gastos de investimento no caso das liñas de actuación IV e VIII e IX: na execución de obras o importe total dos custos xerais (tales como honorarios de arquitectos e enxeñeiros) non poderán superar o 12 % do importe total da subvención finalmente concedida para o desenvolvemento do programa.
    7. Bolsas de asistencia dirixidas a promover a participación dos beneficiarios nos programas de formación. A contía non poderá ser superior a 5 €/día.
    8. Outros gastos correntes directamente relacionados coa actuación subvencionada.
Prazo

O prazo para a presentación  de solicitudes comeza o 21 de setembro de 2024 e remata o 21 de outubro de 2024.

Máis información 

Consultar a ORDE do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

Acceder ao procedemento de tramitación:

  • Código de procedemento: BS623D

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66 ou mandando un correo electrónico ó enderezo obradoiro.emprego@maiv.org. 

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

O procedemento será tramitado en réxime de concorrencia competitiva e non se poderá conceder subvención ás solicitudes que non obteñan unha puntuación mínima global de 60 puntos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *