Obxecto
Entre os obxectivos básicos recóllense: Favorecer a cooperación entre o sector público e as entidades sen ánimo de lucro no desenvolvemento de programas de actividades de animación sociocultural, de festas tradicionais e patronais que complementen e/ou suplan aquelas de competencia municipal coa fin de apoiar e fortalecer o tecido asociativo. E, por outra banda, favorecer o apoio a actividades organizadas por entidades sen ánimo de lucro ou entidades privadas que sexan de interese xeral e complementen a programación sociocultural municipal.
Beneficiarios e requisitos
Poderán solicitar subvención, as entidades non empresariais e sen ánimo de lucro que reúnan os seguintes requisitos:
- As entidades que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Vigo na data na que remata o prazo de presentación de solicitudes, sen ánimo de lucro e que non desenvolvan actividade empresarial.
- Que a actividade se celebre dentro do termo municipal de Vigo.
- Que conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes coas establecidas nas presentes Bases.
- Que dispoñan de estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acrediten a experiencia e capacidade necesaria para o logro de tales obxectivos.
- As persoas ou entidades solicitantes deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e non estar incursos en prohibición para ser beneficiarias da subvención, das previstas no citado artigo para o que se esixirá ás entidades solicitantes unha declaración de non estar incursas nas devanditas prohibicións que recollen os apartados 2 e 3 do citado artigo 10 da Lei 9/2007.
Así mesmo, é necesario que se efectúe o correspondente ingreso nos casos nos que sobre as entidades beneficiarias das axudas económicas recaese resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro.
- As entidades solicitantes deben atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias:
- Coa Consellería de Facenda da Xunta de Galicia (ATRIGA).
- Coa Axencia Estatal de Administración Tributaria do Estado.
- Coa Seguridade Social.
- Co Concello de Vigo.
Quedan excluídas expresamente de esta convocatoria:
- Entidades cuxo obxecto social sexa actividade empresarial.
- As entidades con ánimo de lucro.
Accións subvencionables
- Liña 1. Festas tradicionais, patronais, copatronais, gastronómicas e festivais folclóricos.
As entidades participantes tan só poderá optar a un máximo de DÚAS (2) subvencións dentro dentro desta liña para festas diferentes.
- Liña 2.- Actividades socioculturais e relacionadas coas artes escénicas.
As entidades participantes poderán optar a un máximo de DÚAS (2) subvencións para festas diferentes dentro desta liña.
Todas as entidades solicitantes deberán estar rexistradas no Concello de Vigo e as actividades realizaranse dentro do termo municipal. No caso de interrupción temporal, teranse en conta unicamente as condicións de antigüidade anteriores á interrupción.
Gastos subvencionables
Serán subvencionables aquelas festas, programas e actividades organizadas por entidades xurídicas non empresariais e sen ánimo de lucro que se desenvolvan no ámbito territorial de Vigo, dende unha dimensión de barrio, parroquia ou cidade.
O ámbito temporal dos programas de actividades e gastos a subvencionar será dende o 1 de novembro de 2023 ata o 31 de outubro do presente ano 2024, ambos os dous incluídos. As actividades realizadas nos meses de novembro e decembro do ano 2024 incorporaranse á convocatoria do vindeiro ano 2025.
Non se admitirán programas que agrupen varias festas ou actividades diferentes.
A mesma festa, programa ou actividade soamente poderá ser obxecto dunha única liña de subvención.
Incompatibilidades e concorrencia
Estas subvencións serán compatibles con outras subvencións ou axudas procedentes doutras Administracións ou entes públicos nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
Contía individualizada das subvencións
A concesión das subvencións axustaranse á aplicación orzamentaria do Servizo de Festas nº 3380.4890000 “Transf. a entidades e comisións de festas” por importe total de 395.000 euros.
O importe total da subvención ou subvencións non poderá superar o custo total da festa, programa ou actividade subvencionada; suposto no que se procederá na forma prevista no Art. 34 do RD.887/2006, do 21 de xuño (Regulamento da Lei xeral de subvencións).
- 11.1. Liña 1.- Festas tradicionais, patronais, copatronais, gastronómicas e festivais folclóricos.
11.1.1. Festas de especial interese e patronais ou copatronais da cidade que se veñan desenvolvendo de forma continuada.
1. Contará cunha asignación fixa de 30.000 €
11.1.2.-Festas patronais e copatronais de barrios e parroquias que se veñan desenvolvendo de forma continuada.
1. Contará cunha asignación fixa de 18.000 €
2. Contará cunha asignación fixa de 12.000 €
3. Contará cunha asignación fixa de 4.000 €
11.1.3.- Festas gastronómicas de especial interese en barrios e parroquias que se veñan desenvolvendo de forma continuada.
1. Contará cunha asignación fixa de 4.000 €
11.1.4.- Festivais internacionais folclóricos que se veñan desenvolvendo de forma continuada.
1. Contará cunha asignación fixa de 12.000 €
2. Contará cunha asignación fixa de 4.000 €
11.1.5.-Festas etnográficas, folclóricas e de música tradicional doutras autonomías que se veñan desenvolvendo de forma continuada.
1. Contará cunha asignación fixa de 12.000 €
2. Contará cunha asignación fixa de 4.000 €
- 11.2. Liña 2.- Actividades socioculturais e relacionadas coas artes escénicas.
O importe que se distribuirá entre as solicitudes a esta liña será o resultado de restar ao crédito orzamentario da partida 3380.4890000 (395.000,00 €) a suma do importe concedido aos conceptos subvencionables da Liña 1.
O importe máximo a conceder a cada entidade solicitante por cada programa subvencionable terá como límite o 75% do presuposto do proxecto presentado (IVE incluído) e non excederá a cantidade de 3.000 €.
Criterios de avaliación liña subvención 2
Na valoración das actividades socioculturais incluídas na Liña de subvención 2 aplicaranse as seguintes puntuacións ata un máximo de 100 puntos:
- Criterios de avaliación da entidade solicitante: ata 40 puntos.
- Traxectoria e antigüidade da entidade solicitante: ata 10 puntos.
- Masa social e representatividade: ata 20 puntos.
- Ámbito xeográfico da poboación destinataria: ata 10 puntos
- Criterios para avaliación de cada programa: ata 60 puntos
- Interese e calidade do programa: ata 50 puntos.
- Fundamentación das necesidades, razón, obxectivo e alcance do programa:
–Valórase ata 20 puntos a aqueles programas de interese sociocultural cun contido que complemente ou supla a programación que sexa competencia do servizo de Festas Especiais.
- Innovación:
–Valórase ata 5 puntos aquelas propostas innovadoras ou diferentes.
- Consolidación:
–Valórase ata 5 puntos as propostas consolidadas no tempo e que levan realizándose dende hai anos.
–Outorgaráselle un punto por cada 5 anos de antigüidade ata un máximo de 5 puntos.
- Temporización:
–Valóranse ata 10 puntos aqueles programas que leven un calendario de preparación da actividade ou cuxo desenvolvemento sexa realizado ao longo de varias xornadas ou espazos de tempo diferente.
- Recursos humanos e materiais:
–Valorarase ata 10 puntos aqueles programas que impliquen a participación dos recursos humanos e materiais propios da entidade solicitante.
- Viabilidade técnico-económica e financeira do programa: ata 10 puntos.
–Viabilidade económica: Valorarase ata 10 puntos.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 27 de setembro de 2024 e rematará o 17 de outubro de 2024.
Máis información
Código de procedemento:
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66 ou mandando un correo electrónico ó enderezo obradoiro.emprego@maiv.org.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.