ORGANIZACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS CON FINES DE INTERESE TURÍSTICO

Se eres unha entidade deportiva sen ánimo de lucro e desenvolves eventos deportivos con interese turístico no ámbito local co obxectivo de fomentar e promocionar o turismo, non te quedes sen estas axudas!
Obxecto

Contribuír á dinamización do sector turístico a través da realización de eventos deportivos, desenvolvidos en Vigo, que teñan entre os seus obxectivos a promoción turística, do destino Vigo, durante o ano 2024.

Beneficiarios e requisitos

Poderán solicitar e obter estas axudas:

  • Clubs deportivos
  • Asociacións
  • Agrupacións deportivas
  • E entidades deportivas que teñan personalidade xurídica propia, carezan de ánimo de lucro e desenvolvan o seu evento deportivo na cidade de Vigo e contribúan a promoción turística da cidade, e cumpran os seguintes requisitos:

Os eventos deportivos de interese turístico deberán ter unha antigüidade mínima de cinco edicións.

Os solicitantes deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e non estar incursos en prohibición para ser beneficiario da subvención das previstas no citado artigo para o que se esixirá aos solicitantes unha declaración de non estar incursos nas prohibicións que recollen os apartados 2 e 3 do citado artigo 10 da Lei 9/2007.

Os solicitantes deberán atoparse ao corrente no cumprimento das:

  1. Obrigacións tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, así como de non ter débedas ou sancións de natureza tributaria municipal.
  2. Obrigacións tributarias coa Consellería de Facenda da Xunta de Galicia mediante a presentación da certificación á que se refire o artigo 22 do RD 887/2006, 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.

Quedan excluídas expresamente desta convocatoria:

  • As federacións deportivas.
  • Os clubs pertencentes ou integrados en institucións oficiais.
Gastos subvencionables

Serán gastos subvencionables os que respondan á natureza da actividade subvencionada, resulten estritamente necesarios e se realicen no período entre o 1 de xaneiro e ata o 1 de novembro de 2024.

Exclúense os custes indirectos imputables á actividade, os custes de funcionamento ordinario da entidade, os das atencións protocolarias e representativas e os gastos en inversións e adquisicións de material, equipos e ben de natureza inventariable.

En ningún caso os custes de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Incompatibilidades e concorrencia

Estas subvencións serán compatibles con calquera outra subvención ou axuda para a mesma finalidade, procedente de calquera outra administración, ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Non serán obxecto de subvención, nin tidas en conta á hora de cuantificar os custes derivados da organización da actividade, aqueles eventos que de maneira directa ou indirecta, sexan sufragados total ou parcialmente, mediante calquera outro concepto presupostario deste Concello de Vigo.

En calquera caso, o importe total da subvención ou subvencións non poderá superar o da actividade subvencionada; caso no que se procederá na forma prevista no artigo 34 do RD 887/2006, de 21 de xuño, polo que se aprobou o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.

Contía

A cantidade máxima destinada a estas subvencións será a de 90.000,00€ (noventa mil euros), con cargo á partida presupostaria 4320.4800001 “subvencións, eventos e actividade, patrocinios” da Concellería de Turismo, destina a colaborar no financiamento de eventos deportivos con fines de interese turístico. 

Criterios de valoración

As solicitudes valoraranse conforme aos principios de obxectividade, igualdade e non discriminación tendo en conta os seguintes criterios:

VALORACIÓN DA PROMOCIÓN TURÍSTICA DO EVENTO DEPORTIVO

  1. Capacidade de comercialización do proxecto turístico.

Deberá definir en memoria detallada a duración da campaña de promoción turística. Valorarase con ata un máximo de 10 puntos.

  1. Accións de promoción.

Deberá definir en memoria detallada o plan de promoción turística indicando o número de publicacións e os soportes, así como as publicacións que se realizaron. Valorarase con ata un máximo de 25 puntos.

  • Promoción online, (Web, Newsletter, App, canal Youtube, etc…).
  • Promoción en RRSS (Facebook, Instagram, Twiter, etc…). 
  • Promoción en distintos soportes (comunicación, radio, prensa, revistas, televisión, vallas publicitarias, mobiliario urbano, rótulos, camisetas, etc…). 
  1. Ámbito da actividade promocional, rexional, autonómico, nacional ou internacional. Valorarase con ata 10 puntos.
  1. Antigüidade do evento deportivo de interese turístico. Valorarase con ata 10 puntos.

DETERMINACIÓN DAS CONTÍAS DA SUBVENCIÓN DOS EVENTOS DEPORTIVOS DE INTERESE TURÍSTICO

Para a determinación das contías concretas da subvención dos eventos deportivos de interese turístico, teranse en conta as seguintes porcentaxes:

  • Ente 25 e 35 puntos: 50% do custe da actividade subvencionada.
  • Entre 36 e 45 puntos: 75% do custe da actividade subvencionada.
  • Entre 46 e 50 puntos: 100% do custe da actividade subvencionada.

A subvención máxima por evento non poderá superar os 10.000,00€, nin superar o 100% do custe da actividade subvencionada.

Unha vez valorados os criterios de puntuación de todas as solicitudes, estas se ordenarán de maior a menor a puntuación obtida, outorgándose a subvención en riguroso orden de prelación, hasta esgotar o crédito existente.

Se queres saber máis acerca destes criterios consulta a ligazón.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 23 de setembro de 2024 e rematará o 11 de outubro de 2024.

 

Máis información

Consulta a  Convocatoria pública e bases específicas para aconcesión de subvencións para a organización de eventos deportivos con fines de interese turístico no ano 2024.

Código de procedemento: BDNS: 785447

Acceso ó trámite: 785447

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *