SUBVENCIÓN PARA A ORGANIZACIÓN DE FEIRAS E FESTIVAIS INDUSTRIAIS E COMERCIAIS CON SEDE EN VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO 2024

Prazo pechado!! O Concello de Vigo lanza en 2024 unha subvención para organizar feiras e festivais para fortalecer o desenvolvemento empresarial e a contratación de persoas desempregadas na cidade.
Obxecto

Esta convocatoria ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas dirixidas ao financiamento de feiras e festivais industriais e comerciais que promova o desenvolvemento empresarial que se realicen entre o 1 de xaneiro ao 1 de outubro de 2024.

Beneficiarios

Poderán acceder a estas subvencións:

  • As entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións (RMA).
  • Fundacións e institucións de dereito público.
  • Entidades de dereito privado.
Requisitos
  1. Que a sede social estea en Vigo.
  2. Que a feira se celebre en Vigo.
  3. As entidades sen ánimo de lucro deberán estar rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións, antes de que se abra a convocatoria.
  4. Que o seu obxectivo ou finalidade coincidan coas da base da convocatoria.
  5. Que dispoñan dunha estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesaria para acadalos.
  6. Para subvencións por importe superior a 30.000 €, as persoas físicas e xurídicas con ánimo de lucro, deberán acreditar o cumprimento dos pagos .
Gastos Subvencionables

Subvencionarase aqueles gastos comprendidos entre o 1 de xaneiro ao 1 de outubro de 2024 para organización de feiras comerciais como:

  • Coordinación do evento (convocatoria, rexistro de asistentes e protocolo).
  • Aluguer de instalacións necesarias para a feira.
  • Rotulación, sinalización, iluminación, megafonía e servizos audiovisuais.
  • Persoal necesario para ao evento.
  • Elementos e dispositivos de apoio técnico que garanticen a accesibilidade de todas as persoas ao evento.
  • Promoción e publicidade.
  • Plans de evacuación e autoprotección.
Criterios de Valoración

Os criterios a valorar dos proxectos serán: 

  • Calidade do proxecto (límite 82 puntos).
  • Experiencia e antigüedade (límite 10 puntos).
  • Número de asistentes previstos (límite 10 puntos).
  • Achega de recursos propios (límite 8 puntos).
  • Impacto da feira na cidade de Vigo (límite 20 puntos).

Na seguinte ligazón poderás ver en profundidade o método de asignación de puntos.

Contía

O orzamento total destas axudas é de 205.000 €. O importe da subvención non poderá superar o custo da actividade e a axuda non excederá os 100.000 €.

Prazo

Ata o 27 de agosto de 2024.

Máis Información

Consulta as Bases reguladoras das subvencións para a organización de feiras e festivais industriais e comerciais con sede en Vigo que fomenten a contratación de persoas en situación de desemprego 2024.

Código de procedemento: BDNS:779404

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *