XXXIII FESTA DO MONTE DE BEADE

Programación pechada!! A Asociación de veciños consumidores e usuarios do Centro Social Cultural Recreativo de Beade-Vigo xunto co Monte Veciñal en Mancomún de Beade celebran a XXXIII Festa do Monte o próximo día 4 de agosto. Non a perdas!
Programa 2024

O domingo 4 de Agosto terá lugar a Festa do Monte de Beade no Parque Forestal de Beade, no concello de Vigo.

A partires das 11:15 horas haberá música a cargo da charanga “Costamekrelos”, ás 12:00 horas actuación do grupo de pandereteiras A Volta do Demo e ás 12:20 horas actuarán os grupos Gaiteiros Arume e grupo de baile Semente da Arte Galega. Ás 13:00 horas será a actuación da Banda da Escola de Música de Beade e ás 14:00 horas volverá a actuar a charanga Costamekrelos.

Ademais os presentes poderán degustar de maneira gratuita sardiñas con pan de maíz dende ás 11:00 ata as 13:30 horas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *