FESTAS DE SANTA CRISTINA DE LAVADORES 2024

Programación pechada!! A parroquia de Lavadores, no municipio de Vigo, festexará no mes de xullo as súas festas patronais na honra a Santa Cristina con diversos actos relixiosos e variadas actuacións musicais. Se eres unha persoa festeira non dubides en acudir.
Programa 2024

Martes 23 de Xullo, dan comezo as festas de Santa Cristina de Lavadores, no municipio de Vigo, ás 10:00 horas coa alborada de Erdeiros dos Morenos. Ás 13:00 horas terá lugar a sesión vermú a cargo de Acordecanto.

Ás 19:00 horas terá lugar a I edición da entrega de honra dos Chapeus e a  homenaxe a Rosiña (bailadora), Maximino (gaiteiro) e a presentación da peza instrumental a cargo do gaiteiro Alberto Lago. Ás 20:00 horas actuará Noitarega e ás 22:00 horas o trío Azar e a orquestra La Travesía animarán a verbena.

Mércores 24 de xullo, na segunda xornada se oficiarán misas rezadas cada hora dende as 9:00 ata as 12:00 horas sendo esta derradeira a misa solemne cantada pola Coral Rivera Atienza e a soprano Teresa Novoa. Ás 13:00 horas sairá a procesión coa Santa, seguida da danza ancestral de Damas e Galáns, interpretada polo grupo O Fiadeiro. A Unión Musical de Cabral será a encargada de acompañar a procesión e amenizar a sesión vermú.

Ás 18:00 horas comezará a foliada e ás 22:00 horas Mary Costa animará la festa. Ás 00:00 horas haberá unha sesión de fogos de artificio e ás 00:15 horas comezará a actuación da banda Astarot.

Durante ambos días haberá atraccións para os máis pequenos, rosquilleiros e churros para tomar e cantina con churrasco, polvo, bocadillos, bebidas e outras moitas cosas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *